DESPEDIDA DO VERÁN

O verán chega ao seu fin, pero despedímolo da mellor maneira: con cultura e diversión para todas as idades!
Anímate a participar nas tres actividades programadas:
🔎Xoves 24, pon a proba o teu enxeño coa escape room “Camiños da ciencia: A ameaza invisible” ás 18:30, no Salón de actos da biblioteca.
🔮Venres 25 goza da maxia e os equilibrismos co espectáculo “O libro dos sortilexios” ás 12:00 da mañá, no Salón de actos da biblioteca.
🎪Sábado déixate sorprender por “Távole” de Circo Chosco, ÁS 12:00, no Pazo da Crega, un espectáculo de acrobacias trepidante e impresionante.
Non perdas esta oportunidade!

CURTAS D-MEDO

CONCURSO CURTAS DE MEDO
Invitámoste a participar no concurso de curtametraxes Curtas D-Medo 2026!
Este ano hai cambios nas bases, aquí tes un resumo rápido:
 
 Quen pode participar?
Individual ou en grupo (con autorizacións no caso de menores).
3 categorías:
-Trasnos (IES de Barro): alumnado de 1º a 4º da ESO.
-Tardos (afeccionados): maiores de 14 anos sen traxectoria profesional.
-Xacias (semiprofesional): maiores de 14 con experiencia audiovisual.
-Todas as curtas participan no Premio do Público (Santa Compaña).
 
Inscricións
A na OMIX de Barro ou en 📧 omix@barro.es
Prazo: ata 23 de outubro de 2026
Como debe ser a curta?
Máximo 3 minutos (sen créditos).
En galego (audio e texto).
Podes gravar con móbil ou calquera dispositivo.
Permítese o uso puntual de IA para efectos visuais.
Ten que ser orixinal.
 Importante
Respectar dereitos de imaxe e autoría.
Non se admiten contidos ofensivos ou ilegais.
 
 Premios
 -Xaizas (semiprofesional):
1º premio: 200 €
2º premio: 100 €
 -Tardos (afeccionados):
1º premio: 100 €
2º premio: 50 €
– Trasnos (IES): Premio: 60 €
 -Santa Compaña: Premio do público: 40 €
 
ESTREA: 31 de outubro no Pazo da Crega, coa proxección das curtas e entrega de premios.
 
Segunda actividade de Dándolle á lingua, actividade financiada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro.

Laboratorio de Teatro

A tréveste a subir ao escenario?

Se che gusta o teatro, queres probar algo novo ou simplemente buscas unha experiencia diferente… este Laboratorio de Teatro é para ti

–  Dirixido á mocidade (a partir da ESO) e persoas adultas

Que imos facer?
Durante 11 sesións prácticas (unha vez á semana, os martes), traballaremos:
-Expresión corporal e voz
– Improvisación e interpretación
– Creación colectiva dunha peza teatral

 E o mellor… todo o aprendido levarémolo ao escenario con 2 funcións finais:
📍 18 de decembro (pola mañá) – no IES
📍 21 de decembro ás 20:00 h – 

– Datas: do 6 de outubro ao 15 de decembro de 2026
– Sesións de 90 minutos, unha vez á semana

 Unha oportunidade única para aprender, compartir e crear en galego. Non importa se tes experiencia ou non… só fan falta ganas.

Segunda actividade de Dándolle á lingua proxecto subvencionado pola Deputación de Pontevedra con achega municipal.

Távole. Circo Chosco

O sábado 26 de setembro despedimos o verán cun espectáculo de equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación.. a cargo de Circo Chosco.

No Pazo da Crega ás 12:00 da mañá e ata completar aforo poderedes desfrutar dun espectáculo impresionante.

Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor… claro que peor é imposible. Tavole é un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor. Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarse a unha mesa a pensar e reflexionar, é ahí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como sair de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen! Unha loca e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

+Escénicas Deputación de Pontevedra.

O libro dos sortilexios

A Biblioteca de Barro acollerá o vindeiro venres 25 de setembro ás 12:00 unha nova sesión de “Ler conta moito”, dirixida ao alumnado do IES.
Nesta ocasión, acompañaremos a Henriko nunha aventura fascinante: atopa un misterioso libro de sortilexios na vella libraría familiar… e, a partir de aí, comeza unha experiencia chea de sorpresas, con incríbles trucos de maxia e mesmo… malabares con coitelos! 🔮✨🔪
Ademais, con esta actividade despediremos o verán e daremos a benvida ao novo horario de atención ao público da biblioteca:
🕘 Luns, mércores e venres: 8:30 – 15:00
🕘 Martes e xoves: 15:30 – 21:00

Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.

CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS

FORMACIÓN
CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E A CULTURA GALEGAS.

📢 Cursos de introdución á lingua e á cultura galegas 2026
Queres aprender galego desde cero e achegarte á nosa cultura? Esta é a túa oportunidade!
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e en colaboración co Concello de Barro, pertencente a da Rede de Dinamización Lingüística, organiza un curso presencial de introdución á lingua e á cultura galegas dirixidos a persoas adultas sen coñecementos previos.

🗓️ Duración: 20 horas
– Datas: 14,15,16,17,21,22,23 e 24 de SETEMBRO
– Horario: 19:00h á 21:30h.
– Lugar: Biblioteca de Barro.
👥 Grupos: entre 10 e 20 persoas
📍 Inscripción ata o 10 de setembro, na OMIX/Biblioteca de Barro.
🎓 Certificado oficial ao rematar o curso

💬 Que aprenderás?
✔️ Nocións básicas de galego (pronuncia, vocabulario e gramática)
✔️ Expresión oral e escrita para o día a día
✔️ Comprensión de conversas e textos sinxelos
✔️ Cultura e historia de Galicia (tradicións, gastronomía, música…)

🌍 Para quen?
Para persoas maiores de 16 anos que desexen iniciarse no galego.
Máis información: 690722812/986714806

LECTURA MES DE XULLO. CLUB DE LECTURA “UN OLLO DE VIDRO”

BIBLIOTECA P. M. DE BARRO.
Este verán seguimos a compartir lecturas que nos farán pensar e sentir, no club de lectura da biblioteca de Barro.
📅 Reunión deste mes de xuño:
📍 Xoves 11 ás 19:30 h – Biblioteca
Nesta sesión teremos conversa e reflexión sobre “Os corpos dos Romanov”, de Alberto Ramos.
E tamén aproveitaremos para facer a presentación da lectura do mes de xullo:
LECTURA MES DE XULLO
 Golpes de luz, de Ledicia Costas.
Unha novela chea de segredos familiares, emocións intensas e unha historia que mestura tenrura, humor e luces e sombras do pasado, perfecta para seguir gozando da lectura compartida.
📅 Reparto de exemplares: 25 de xuño
📍 Ás 19:30, na bibliotecade Barro

A MAXIA DA CIENCIA

É maxia? Non, é ciencia! 
Moitos dos trucos que parecen maxia teñen en realidade unha explicación… científica! 
A través da experimentación imos descubrir fenómenos físicos e químicos presentes na nosa vida cotiá:

  • Poden os zapateiros camiñar sobre a auga?
  • Existe a invisibilidade?
  • Podo facer lume na man sen queimarme?

Será unha actividade con metodoloxía práctica, que fomenta a participación e o pensamento crítico, implicando a todas as persoas participantes.
-Esta actividade terá lugar na biblioo día 15 ás 12:00 da mañá como despedida do curso e benvida ao horario de verán.
🕒 Horario de verán (a partir de agosto):
De luns a venres, de 8:00 a 15:00 h
Xullo (pechado)
📖 Lotes de libros sorpresa:
A partir do 22 de xuño poderedes recollelos para gozar da lectura durante xullo e agosto.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro

“Un libro baixo a almofada” chega á biblioteca de Barro. Ler conta moito.

BIBLIOTECA DE BARRO.
 
“Un libro baixo a almofada chega á biblioteca
Os máis novos da casa teñen unha cita moi especial con Catoxo e a súa fermosa proposta de narración oral. Un espectáculo pensado para achegar o alumnado de infantil do CEIP Amor Ruibal ao mundo da lectura… e dos soños! 
 
Cando era pequeno, a Caxoto custáballe moito prender o sono e sempre atopaba escusas para non deitarse. Pero un día, por imitar ao seu irmán maior, colleu un libro antes de durmir… e, sen darse conta, viviu unha noite chea de aventuras e soños que quixo repetir unha e outra vez.
Dende entón, cada noite converteuse nun pequeno ritual: un conto, un anaco de imaxinación e o libro gardado baixo a almofada para deixarse levar cara ao mundo dos soños 
 
 Este espectáculo é unha homenaxe a todos eses libros que nos marcaron, que nos marcan e que nos marcarán para sempre. Na biblioteca de Barro poderás atopalos.
 
Agardámos aos 50 nenos de infantil na biblioteca para pasar unha mañá divertida, chea de historias e emocións!
 
Actividade financiada a través do programa  Ler conta moito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.

DÍA DO LIBRO 2026. BIBLIOTECA DE BARRO.

 A banda deseñada toma a Biblioteca de Barro! 


Na biblioteca de Barro, a lectura e a cultura medran tamén ao ritmo da banda deseñada, que nos aprende a mirar o mundo doutro xeito.
Neste curso académico, o proxecto lector do CEIP Amor Ruibal está centrado na banda deseñada, un xénero que combina linguaxe visual e textual e que resulta especialmente motivador. Así mesmo, no IES de Barro existe un club de lectura de cómics, o que evidencia o interese crecente deste formato entre a mocidade.
Para acompañar estas iniciativas, cómpre lembrar que a nosa biblioteca conta xa cunha sección específica de banda deseñada, que se verá reforzada cunha mostra de exemplares representativos do fondo bibliográfico existente.
Ademais, este ano realizouse a adquisición dun novo lote de cómics, co obxectivo de ampliar e actualizar a colección e seguir enriquecendo os recursos dispoñibles para a veciñanza.


Co fin de dar resposta a estas propostas, celebrar o Día do libro e fomentar a coordinación entre etapas educativas e a biblioteca pública, o Concello de Barro organiza unha exposición temática no salón de actos da biblioteca, coincidindo coa celebración do Día do Libro.
-A exposición permanecerá aberta ata o 20 de maio.
-As visitas do alumnado do CEIP e do IES desenvolveranse ao longo de tres semanas, a partir do día 20 de abril.
-Como actividade destacada, contaremos cunha visita guiada con Kiko da Silva o día 24, que achegará ao alumnado ao proceso creativo da banda deseñada.
Unha oportunidade para achegarse ao mundo da Banda Deseñada, descubrir novos títulos e seguir medrando como lectores e lectoras.