LECTURA MES DE XULLO. CLUB DE LECTURA “UN OLLO DE VIDRO”

BIBLIOTECA P. M. DE BARRO.
Este verán seguimos a compartir lecturas que nos farán pensar e sentir, no club de lectura da biblioteca de Barro.
📅 Reunión deste mes de xuño:
📍 Xoves 11 ás 19:30 h – Biblioteca
Nesta sesión teremos conversa e reflexión sobre “Os corpos dos Romanov”, de Alberto Ramos.
E tamén aproveitaremos para facer a presentación da lectura do mes de xullo:
LECTURA MES DE XULLO
 Golpes de luz, de Ledicia Costas.
Unha novela chea de segredos familiares, emocións intensas e unha historia que mestura tenrura, humor e luces e sombras do pasado, perfecta para seguir gozando da lectura compartida.
📅 Reparto de exemplares: 25 de xuño
📍 Ás 19:30, na bibliotecade Barro

Faladoiro co escritor Xesús Fraga.

O Club de Lectura “Un ollo de vidro” continúa a súa andaina nesta tempada cunha nova lectura que promete reflexión e conversa: “Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga.
Nesta obra, o autor conta a emigración desde a parte dos retornados. Esta novela é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.
Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.
E despois da lectura, o mellor está por vir: o club terá a oportunidade de conversar co propio Xesús Fraga, o día 27 de novembro ás 19:30 na biblioteca, que compartirá connosco detalles sobre o proceso de escritura e o significado persoal que encerra esta novela premiada co Premio Nacional de Narrativa.
Será unha ocasión perfecta para coñecer de primeira man ao autor, facerlle preguntas e intercambiar impresións sobre unha obra que non deixa indiferente a ninguén.