XOVES AO CLAREO: Baile urbano.

🌞 Derradeira actividade de “Xoves ao Clareo”, o programa de lecer creado polo Concello de Barro para ofrecer á nosa mocidade alternativas de ocio activo, creativo e divertido durante as tardes de verán.
Un espazo para compartir, facer novas amizades, descubrir actividades diferentes e desfrutar ao aire libre nun ambiente seguro e participativo. 💬✨
📍 Este xoves, unha proposta distinta no Pazo da Crega
🕺 4 de setembro – Baile Urbano (20:00 h)
👥 Idade recomendada: maiores de 12 anos
🌐 Pre-inscricións obrigatorias na web:

ZAPATOS. Espectáculo para bebés de 1 a 4 anos e familias.

O sábado 20 de setembro ás 12:00 horas, no Pazo da Crega, terá lugar o espectáculo “Zapatos”, unha proposta especialmente pensada para bebés de 1 a 4 anos e as súas familias. A actividade, con entrada de balde ata completar aforo, busca ofrecer unha experiencia cultural adaptada ás primeiras idades, favorecendo o goce compartido do teatro e a creación de novos espazos de encontro arredor da cultura.

CINE NO PAZO

Este  Domingo teremos unha cita cultural de especial relevancia coa proxección do filme Antes de Nós, unha obra que nos achega á figura de Castelao, referente fundamental da nosa historia e da nosa identidade colectiva.

A sesión de cine será o domingo 7 de setembro, ás 21:00 horas, no Pazo da Crega. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Trátase dunha oportunidade única para descubrir e reflexionar sobre a vida e o pensamento dun dos grandes símbolos do noso pobo.

CIRCO NA BIBLIOTECA

Este mes de setembro queremos celebrar o inicio do novo curso escolar cunha proposta moi especial na Biblioteca de Barro: o luns 22 ás 12:00 h recibiremos á rapazada cunha divertida actuación de circo. Será unha oportunidade para compartir risas malabares, equilibrios, música, clown, ao tempo que informaremos do horario da biblioteca (luns, mércores e venres de 8:30 a 15:00 h; martes e xoves de 15:00 a 21:00 h) e amosaremos as últimas novidades e adquisicións dispoñibles para todas as idades. Unha actividade pensada para comezar o curso con enerxía, cultura e moita diversión.

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2025

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2025.

🎬 Aberta a convocatoria para o Concurso Curtas D-MEDO 🎬

Un ano máis celebramos D-MEDO, un certame de curtametraxes consolidado ao longo dos anos como punto de encontro para novos talentos audiovisuais e para creadores/as xa en activo, tanto da contorna local como doutros lugares.

📝 O prazo para a presentación de obras está aberto ata o 24 de outubro.

Esta é a túa oportunidade para dar visibilidade ao teu traballo nun concurso que aposta pola creatividade, a orixinalidade e o cinema feito con paixón.

📍 Consulta as bases e información de participación no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello e Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0 , na OMIX de Barro ou na web barro.gal

DÁNDOLLE Á LINGUA. LABORATORIO DE TEATRO

🎉Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai oito anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Esta é a segunda actividade de 👅“Dándolle á lingua”.

O “Laboratorio de teatro” é unha experiencia única de creación e de convivencia colectiva, na que experimentar técnicas de improvisación, desenvolver a espontaneidade e mostrar cara o público o aprendido.

📌Día: unha vez á semana (os martes)
📌Data: Comezamos o MARTES 23 DE SETEMBRO ata o MARTES 18 DE NOVEMBRO de 2025 COA POSTA EN ESCENA DA OBRA O VENRES 21 DE NOVEMBRO.
📌Horario: 19:30h a 21:00

➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
☎️Telefono: 986714806 – 690722812

CHARO PITA NA BIBLIOTECA DE BARRO!

 SÁBADO DÍA 9 de agosto teremos o pracer de acoller á contacontos Charo Pita na nosa biblioteca. Unha actividade pensada para toda a familia, chea de imaxinación, historias e moita maxia!

🕒 Día: 9 de agosto ás 12:00

📍 Lugar: Biblioteca de Barro

🎟️ Prégase inscrición previa (as prazas son limitadas) 690722812.

Non perdas esta oportunidade de vivir unha mañá inesquecible coa mestra das historias! 🌟

👩‍🦳 As calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo. Neste espectáculo narraremos contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas: haberá quen posúa a mirada aguda da aguia,pero tamén quen non poida ver, haberanas moi altas ou moi baixas…, pero, sexan como sexan, sempre acabarán atopando o seu lugar no mundo.

🧐Entrada gratuíta.

Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.

Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.

NOVAS DATAS PARA A SEGUNDA QUENDA DO CAMPAMENTO DIXITAL

A segunda quenda do Campamento Dixital muda as súas datas: inicialmente prevista do 18 ao 29 de agosto, pasa a celebrarse do 25 de agosto ao 5 de setembro.

 Hai 4 prazas dispoñibles, así que se tes entre 9 e 13 anos e che gusta a tecnoloxía, a creatividade e pasalo ben… ¡este é o teu campamento!

🕙 O horario é de 10:00 a 13:00.

📍Non perdas esta oportunidade! Pásao en grande aprendendo no noso campamento dixital!💬 Para máis info ou inscricións, contacta connosco no 690722812 ou pásate pola OMIX/Biblioteca de Barro de luns a venres de 9:00 a 14:00.

A aprendizaxe está exposta como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.

Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea

11 DE FEBREIRO. Dia da muller e a nena na ciencia.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

GALERÍA DE MULLERES NA CIENCIA.

Marta Cousido Rocha, nacida en Barro no ano 1992, incorporarase á #GaleríaDeMulleresNaCiencia de Barro.
No Día Internacional da Muller na Ciencia, destacamos a figura da nosa veciña Marta Cousido Rocha, pola súa valiosa contribución á análise dos ecosistemas mariños a través de modelos matemáticos, Marta merece un lugar na #GaleríaDeMulleresNaCiencia do noso concello. O seu traballo representa unha inspiración para as futuras xeracións, demostrando que a matemática e a estatística poden desempeñar un papel crucial na conservación do medio ambiente.
A súa historia é un testemuño de perseveranza e descubrimento, e recórdanos que os camiños cara á vocación poden ser inesperados pero sumamente gratificantes. Hoxe, Marta é un referente para as novas xeracións de matemáticas e estatísticas, animándoas a explorar a investigación aplicada en campos como a oceanografía. O seu traballo demostra que a ciencia dos datos é unha ferramenta clave para a sustentabilidade do planeta e a xestión responsable dos nosos recursos naturais.
Desexamos que o seu exemplo inspire a outras mozas do noso municipio para perseguir os seus soños no mundo da ciencia.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a artista de Barro, Aroa Outón, será a encargada de crear o retrato que se sumará a esta lista de mulleres dedicadas a diversos campos da ciencia.
Moitos parabéns , Marta! Estamos seguros de que o teu futuro será brillante e cheo de logros.

Barro contra a violencia de xénero. Concurso, crea o logo e o lema do 25N

A conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, é unha oportunidade clave para sensibilizar e educar en valores de respecto, igualdade e xustiza desde os centros educativos. Promover a participación do alumnado nun concurso de creación do logotipo e o lema, permite implicalos activamente na reflexión sobre a violencia de xénero, brindándolles un espazo onde expresar o seu rexeitamento a esta problemática e o seu compromiso cun entorno seguro e libre de discriminación.

Este concurso non só fomenta a creatividade e a colaboración entre o alumnado, senón que tamén facilita a interiorización da mensaxe de sensibilización que pode calar fondamente no seu entorno escolar e social. A través desta actividade, pretendemos que as novas xeracións comprendan a importancia do seu papel na construción dunha sociedade igualitaria e libre de violencia, impulsando un cambio que debe nacer no seo de cada comunidade educativa.

Bases: 20241108_Publicación_Anuncio_BASES BARRO CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO