“Un libro baixo a almofada” chega á biblioteca de Barro. Ler conta moito.

BIBLIOTECA DE BARRO.

“Un libro baixo a almofada chega á biblioteca
Os máis novos da casa teñen unha cita moi especial con Catoxo e a súa fermosa proposta de narración oral. Un espectáculo pensado para achegar o alumnado de infantil do CEIP Amor Ruibal ao mundo da lectura… e dos soños! 
 
Cando era pequeno, a Caxoto custáballe moito prender o sono e sempre atopaba escusas para non deitarse. Pero un día, por imitar ao seu irmán maior, colleu un libro antes de durmir… e, sen darse conta, viviu unha noite chea de aventuras e soños que quixo repetir unha e outra vez.
Dende entón, cada noite converteuse nun pequeno ritual: un conto, un anaco de imaxinación e o libro gardado baixo a almofada para deixarse levar cara ao mundo dos soños 
 
 Este espectáculo é unha homenaxe a todos eses libros que nos marcaron, que nos marcan e que nos marcarán para sempre. Na biblioteca de Barro poderás atopalos.
 
Agardámos aos 50 nenos de infantil na biblioteca para pasar unha mañá divertida, chea de historias e emocións!

CHARO PITA NA BIBLIOTECA DE BARRO!

 SÁBADO DÍA 9 de agosto teremos o pracer de acoller á contacontos Charo Pita na nosa biblioteca. Unha actividade pensada para toda a familia, chea de imaxinación, historias e moita maxia!

🕒 Día: 9 de agosto ás 12:00

📍 Lugar: Biblioteca de Barro

🎟️ Prégase inscrición previa (as prazas son limitadas) 690722812.

Non perdas esta oportunidade de vivir unha mañá inesquecible coa mestra das historias! 🌟

👩‍🦳 As calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo. Neste espectáculo narraremos contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas: haberá quen posúa a mirada aguda da aguia,pero tamén quen non poida ver, haberanas moi altas ou moi baixas…, pero, sexan como sexan, sempre acabarán atopando o seu lugar no mundo.

🧐Entrada gratuíta.

Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.

Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.