Biblioteca

Actualidade

O Concello de Barro dispón dunha Biblioteca Pública Municipal. Entre os seus servizos ofrece préstamos externos, salas de lectura, salón infantil, Wifi e sala de informática.

En xuño 2022 foi inaugurada unha aula tecnolóxica con novos equipamentos. Isto foi posible grazas á colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo e o Concello de Barro. O obxectivo é achegar as vantaxes da sociedade da información a usuari@s de todas as xeracións para reducir a fenda dixital.

Horario de inverno

  • Luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h.
  • Martes e xoves de 16:00 a 21:00 h.

Horario de verán

  • Luns a sábado de 9:00 a 14:00 h.

Biblioteca Pública Municipal

Ven a ser soci@ da nosa biblioteca

Fai o carné e poderás coller libros en tódalas bibliotecas da rede.

Como teño que facer?

Paso 1

Chámanos ou preséntate na Biblioteca de Barro.

  • Se tes 14 anos podes vir só.
  • Os menores de 14 terán que vir acompañados polo pai/nai ou titor/a

Paso 2

Nas nosas dependencias, cubrirás un impreso. Tamén podes facelo online:

Paso 3

Ao darte de alta, obterás un número de persoa usuaria e un contrasinal, con eles poderás:

  • Acceder á túa conta online.
  • Descargar libros da colección dixital da Rede, GaliciaLe.

Preguntas frecuentes

Que caducidade ten o carné?

As persoas adultas 5 anos.
Os/as menores 3 anos.

Eu tiña o antigo carné da biblioteca, podo seguir usando?

Non te preocupes, mantés a túa condición de persoa socia. Pero debes pasar pola biblioteca para actualizar os teus datos e que che fagamos o novo carné.

Como buscar un libro na nosa biblioteca

O primeiro que temos que facer é ir á páxina web da rede de bibliotecas: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

  1. Poñer a palabra clave: titulo libro, autor, etc.
  2. Escoller a biblioteca : Barro- Biblioteca Pública Municipal de Barro.
  3. Premer o botón buscar e automaticamente saen os resultados.

Agora QUE TES O CARNÉ E AS TÚAS CLAVES, podes empregar a opción de RESERVAR O DOCUMENTO.

A biblioteca de Barro terá preparada a túa reserva e poderás pasar a recollela.
CO TEU CARNÉ E AS CLAVES DE ACCESO, tamén podes:

  • CONSULTAR PRÉSTAMOS vixentes e os anteriores realizados.
  • RENOVAR os préstamos.
  • ACCEDER a GALICIALE plataforma de préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelán

Caracteristicas do prestamo

  • 21 días de préstamo. Podes traelo antes!
  • Podes levar ata 3 libros
  • Podes renovalo dende casa co teu usuario e contrasinal
  • Chega un aviso ao teu correo electrónico o día antes de que venza o teu préstamo

GaliciaLe

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO EN FORMATO ELECTRÓNICO

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:

  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A BIBLIOTECA DE BARRO ESTÁ DENTRO DA REDE.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.

PODES LER en liña

Comproba que dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar a lectura.

PODES LER mediante descarga , tes que ter:

  • Unha conta Adobe ID.
  • Ter instalada no teu equipo a aplicación Adobe Digital Editions en caso de que o teu dispositivo sexa compatible.

Aula de informática

Tamén tendes unha aula de informática onde podedes realizar os traballos de clase, consultar información escanear e imprimir.

A biblioteca ten actividades

Contacontos, obradoiros, etc. Temos un blog onde podes ver todo o que facemos!