A Biblioteca de Barro acollerá o vindeiro venres 25 de setembro ás 12:00 unha nova sesión de “Ler conta moito”, dirixida ao alumnado do IES.
Nesta ocasión, acompañaremos a Henriko nunha aventura fascinante: atopa un misterioso libro de sortilexios na vella libraría familiar… e, a partir de aí, comeza unha experiencia chea de sorpresas, con incríbles trucos de maxia e mesmo… malabares con coitelos!
Ademais, con esta actividade despediremos o verán e daremos a benvida ao novo horario de atención ao público da biblioteca: Luns, mércores e venres: 8:30 – 15:00
Martes e xoves: 15:30 – 21:00
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.