Persoas con discapacidade

Persoas con discapacidade

O portador dunha tarxeta de discapacitado pode demostrar que posúe un grao maior ao 33%. En si mesmo, este documento non ofrece un servizo, senón que acredita á persoa co dereito de beneficiarse de determinados plans sociais estatais.

Así mesmo, existen programas autonómicos como o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. O Servizo establece que, se unha persoa está recoñecida como dependente ou discapacitado e non pode usar o transporte público por razóns demostradas, facilitaráselle transporte adaptado, programado e non urxente para traslados puntuais.

No caso dos nenos con discapacidade, existen outras opcións como o programa de campamentos de verán. Esta subvención é unha oportunidade perfecta para que os beneficiarios desenvolvan as súas habilidades sociais e participen en actividades diversas.