Skip to content

Távole. Circo Chosco

O sábado 26 de setembro despedimos o verán cun espectáculo de equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación.. a cargo de Circo Chosco.

No Pazo da Crega ás 12:00 da mañá e ata completar aforo poderedes desfrutar dun espectáculo impresionante.

Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor… claro que peor é imposible. Tavole é un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor. Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarse a unha mesa a pensar e reflexionar, é ahí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como sair de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen! Unha loca e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

+Escénicas Deputación de Pontevedra.