Próxima reunión do club de lectura 17 DE SETEMBRO, ás 19:30, na Biblioteca P.M de Barro.
Lectura mes de agosto: Comerás flores, de Lucía Solla Sobral.
RECOLLIDA NA BIBLIOTECA O XOVES 13 DE AGOSTO.
Comerás flores é a primeira novela da autora Lucía Solla Sobral (Marín, 1989), unha voz nova no panorama literario actual. A obra converteuse nun auténtico fenómeno editorial grazas ao boca a boca dos lectores, destacando tanto pola súa intensidade emocional como pola súa capacidade de interpelar ao público.
A novela foi recoñecida con importantes galardóns, entre eles o Premio El Ojo Crítico de Narrativa 2025 de RNE e o Premio Cálamo 2025 ao Libro do Ano, ademais de figurar en múltiples listas dos mellores libros do ano en distintos medios. Estes recoñecementos confirman o impacto desta obra, que agardamos que disfruten os participantes do club de lectura.
REUNIÓN
DÍA DO LIBRO 2026. BIBLIOTECA DE BARRO.
Faladoiro co escritor Xesús Fraga.
O Club de Lectura “Un ollo de vidro” continúa a súa andaina nesta tempada cunha nova lectura que promete reflexión e conversa: “Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga.
Nesta obra, o autor conta a emigración desde a parte dos retornados. Esta novela é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.
Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.
E despois da lectura, o mellor está por vir: o club terá a oportunidade de conversar co propio Xesús Fraga, o día 27 de novembro ás 19:30 na biblioteca, que compartirá connosco detalles sobre o proceso de escritura e o significado persoal que encerra esta novela premiada co Premio Nacional de Narrativa.
Será unha ocasión perfecta para coñecer de primeira man ao autor, facerlle preguntas e intercambiar impresións sobre unha obra que non deixa indiferente a ninguén.


