Este domingo, rematamos as actividades de “Xoves ao Clareo” cunha Festa Holi con DJ, que non vos podedes perder!
Vinde preparados para unha explosión de cores, música e bo ambiente, perfecta para despedir este ciclo de actividades.
Unha oportunidade única para compartir risas, baile e facer comunidade dunha forma divertida e chea de cor. Data: Este Domingo
Hora: 21:00
Lugar: Pazo da Crega
Non esquezades traer gafas de buceo e moitas ganas de pasalo ben!
Será unha tarde inesquecible. Contamos con vós para darlle o mellor fin de festa a “Xoves ao Clareo”. Podedes reservar a vosa praza no 690722812 ou pasar pola OMIX de Barro.
Vémonos alí!
CULTURA URBANA: obradoiros de Breakdance, Stencil e Rap.
O xoves 29 de agosto chega a CULTURA URBANA ao Concello de Barro, co programa #FalaRedes de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Das 20:00 ás 23:00 teremos obradoiros de Breakdance, Stencil e Rap 

ACTIVIDADES:
Tamén podes inscribirte a partir das 20:00 no mesmo Pazo da Crega.
Para máis información, segue as nosas redes sociais e mantente ao tanto de todas as novidades.
Organiza: Concello de Barro e OMIX Barro
¡Esperámoste! 
ESPECTÁCULO TEATRAL POLO CORREO DO VENTO.
Co fin de divulgar a figura e obra de Luísa Villalta entre a infancia, mañá martes día 18 de xuño a Deputación de Pontevedra achega ao Concello de Barro unha actividade de contacontos que, de xeito ameno e participativo, fará que nenos e nenas do CEIP Amor Ruibal percorran a súa biografía baixo o título Tinta do mar: Pequena biografía de Luísa Villalta.
Nesta actividade, realizada por Polo Correo do Vento, alternarase a narración da vida da homenaxeada nas Letras Galegas coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais.
Rematarán cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante e un obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura da autora.
Sábados na biblioteca. Ler conta moito 2024
A Biblioteca Municipal de Barro comeza as actividades de verán cunha Escape Room. Esta será a primeiria de tres actividades que se realizarán os sábados na Biblioteca de Barro, durante os meses de xuño, agosto e setembro.
Lugar: Barro, Biblioteca Pública
Día: Sábados
Hora: 12:00 h
Escape Room Data: 22/06/2024.
Obradoiro Stop motion: Data: 10/08/2024.
3 irmás, 3 camiños e 3 grandes perigos: Data: 14/09/2023. Hora: 12:00
Entrada gratuíta.
Prazas limitadas
Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.
#VeránbibliotecaBarro #SábadosnaBibliotecaBarro
Acto de lectura e entrega de premios. Concurso As verbas que contan 2024
Anunciamos aos gañadores/as e finalistas do concurso literario “As Verbas que contan”!
Estamos emocionados de compartir con todos vos os nomes d@s escritores/as que destacaron nesta edición do concurso literario “As Verbas que Contan.
Queremos agradecer especialmente aos profesores de primaria e infantil que, coa súa dedicación e entusiasmo, inspiraron aos seus estudantes para explorar o mundo da escritura e a creatividade. Sen o seu apoio constante e guía, este concurso non sería posible.
Así mesmo, expresamos o noso máis sincero agradecemento ao xurado, composto por distinguidos profesionais do ámbito cultural e literario, quen tivo a difícil tarefa de seleccionar aos gañadores entre tantas obras de gran calidade. A súa experiencia e criterio foron fundamentais para o éxito deste certame.
Parabéns a todos os participantes polo seu incrible traballo!
Vémonos o sábado día 18 de maio para a FESTA DA LINGUA GALEGA.
As verbas que contan 2024. Concurso de prosa e verso en galego.
Xa queda pouco para a entrega das obras.
Participa no noso concurso “As verbas que contan”, unha tradición literaria arraigada no noso concello!
Gústache escibir en galego, prosa ou poesía?
Entón, esta é a túa oportunidade de participar nun evento que xa involucrou a unha parte importante do noso concello, en algunha ocasión!
Nas “Verbas que contan” buscamos as túas creacións literarias orixinais. Podes participar con micro relatos, contos, haikus, caligramas e acrósticos. As posibilidades son infinitas!
A que agardas?
É unha oportunidade para compartir o teu talento co mundo e gañar incribles premios.
Ven ata a OMIX de Barro a recoller o soporte onde realizar a túa creación, “As verbas que contan” agardan.
Podes descargar as bases no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0
ROSALÍA É MÁIS
O 23 de febreiro marca o nacemento dunha figura icónica na literatura, Rosalía de Castro.
Para conmemorar este aniversario realizaremos varias actividades, acompáñanos e forma parte desta homenaxe literaria!
Achégate este sábado día 24 de febreiro ata a biblioteca de Barro para unha sesión de lectura comunitaria, onde exploraremos os poemas máis conmovedores de Rosalía de Castro. Comparte a túa voz e reflexións e descobre o poder das súas palabras.
Participa e traballa coa fotografía. De entre todas as obras, seleccionarase unha para imprimir en bolsas serigrafiadas, fusionando a tradición literaria coa expresión visual contemporánea.
O noso club de lectura únese a esta celebración de Rosalia de Castro, coa visita de Pedro Feijoo, para falar do libro “A memoria da choiva”, onde Rosalía é unha personaxe máis da novela.
Para pechar esta celebración o día 21 de marzo o Alcalde recibirá a/o autor/a da obra seleccionada e as/os autores/as dos 10 mellores traballos, entregándolle un diploma, na biblioteca e invitando aos veciños/as á inauguración da exposición colectiva das obras presentadas, na que se distribuirán as bolsas serigrafiadas.
Galería de mulleres na ciencia.
Cristina Pereira Candelo, nacida en Barro no ano 2000, incorporarase á #GaleríaDeMulleresNaCiencia de Barro.
No Día Internacional da Muller na Ciencia, queremos destacar o inicio do camiño de Cristina Pereira Candelo no ámbito da Enxeñería Química. Para ela e moitas mulleres, cursar unha carreira científica durante a pandemia representou un desafío que esixiu tenacidade e adaptabilidade. Actualmente, Cristina xa está a traballar no campo da Enxeñería Química, o que demostra a súa dedicación e éxito temperán nesta área.
Desexamos que o seu exemplo inspire a outras mozas do noso municipio para perseguir os seus soños no mundo da ciencia.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a artista de Barro, Aroa Outón, será a encargada de crear o retrato que se sumará a esta lista de mulleres dedicadas a diversos campos da ciencia.
Moitos parabéns , Cristina! Estamos seguros de que o teu futuro na Enxeñería Química será brillante e cheo de logros.
Xogo tradicional “A corrida do galo”
Este domingo día 11 de febreiro, diversión garantida no Concello de Barro! 🎉
Esta fin de semana, o Concello de Barro convértese no epicentro da tradición e a diversión co Xogo Tradicional “A corrida do galo” .
🗓 Data: Domingo 11 de febreiro
📍 Lugar: En tódalas parroquias do concello (consulta o cartaz)
🎁 Premios para o/a gañador/a por parroquia.
🌟 Revive a tradición e a cultura local.
🏆 Pasa á GRAN FINAL que se celebrará o día 17 de febreiro
Apunta a data e achégate cos teus amigos e familiares! 📣
Xogo tradicinal “A corrida do galo”.
ENTROIDO
XOGO TRADICIONAL “A CORRIDA DO GALO”
Este domingo día 11 de febreiro, diversión garantida no Concello de Barro! 🎉
Esta fin de semana, o Concello de Barro convértese no epicentro da tradición e a diversión co Xogo Tradicional “A corrida do galo” .
🗓 Data: Domingo 11 de febreiro
📍 Lugar: En tódalas parroquias do concello (consulta o cartaz)
🎁 Premios para o/a gañador/a por parroquia.
🌟 Revive a tradición e a cultura local.
🏆 Pasa á GRAN FINAL que se celebrará o día 17 de febreiro
Apunta a data e achégate cos teus amigos e familiares! 📣







