DÁNDOLLE Á LINGUA. CONCERTO

Esta é a segunda actividade de 👅“Dándolle á lingua”.
A GRAMOLA GOMINOLA é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo.
Coa Gramola Gominola, os mais novos gozaran do galego con forza eléctrica. Organizando o seu repertorio a través do rock, o blues, o pop ou calquera outro ritmo moderno dos moitos que podemos coñecer, disfrutaremos da nosa lingua dun xeito diferente.
🎉Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai sete anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Non vos perdades este concerto:
📌Data: 15 de xuño
📌Lugar: Pazo da Crega
📌 Hora: 20:00
➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
Horario: luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h, martes e xoves de 16:00 a 21:00 h.
Telefono: 986714806 – 690722812.

Novidades na biblioteca.

BIBLIOTECA DE BARRO.
DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL
📚🌍 Na Biblioteca de Barro, celebremos a diversidade cultural e o seu poder transformador a través dos libros (21 de maio Día da diversidade cultural). 🌟 A lectura permítenos explorar diferentes culturas, comprender perspectivas distintas e conectar con persoas de todo o mundo. Mergúllate nun libro e descobre a riqueza da diversidade! 📖🌍

Contacontos

UN DÍA PARA AS LETRAS: Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego.
O próximo día 9 de xuño terá lugar no CEIP Amor Ruibal o contacontos “Un día para as letras”, co fin de divulgar a figura e obra de Francisco Fernández del Riego entre a infancia do Concello de Barro.
Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

Axudas para a adquisición de bicicletas.

🚴Prazo: 01/06/2023 10:00 – 15/11/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 10.00 horas do día 1 de xuño de 2023 e finalizará o 15 de novembro de 2024 🧐ou cando se esgoten os fondos.
🚴 A quen vai dirixido?
Persoas físicas maiores de idade.
🚴Requisitos
1. Persoas maiores de idade, empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, que non obtivesen esta axuda (para a mesma clase de obxecto subvencionado) no 2022.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
2. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir na data de presentación das solicitudes.
🚴Documentación para a presentación
– Solicitude segundo o Anexo II.
– Autorización para a representación pola entidade colaboradora asinada, segundo o anexo III.
– Certificado de discapacidade non expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. En caso de que as personas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
– DNI/NIE da persoa solicitante
– DNI/NIE da persoa representante.
– Certificado de estar ao día do pago coa Seguridade Social.
– Certificado sobre cumprimento de obrigacións tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de residencia con data de última variación no padrón da persoa solicitante.
– Consulta de concesión de subvencións e axudas
– Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.