O 23 de febreiro marca o nacemento dunha figura icónica na literatura, Rosalía de Castro.
Para conmemorar este aniversario realizaremos varias actividades, acompáñanos e forma parte desta homenaxe literaria!

Achégate este sábado día 24 de febreiro ata a biblioteca de Barro para unha sesión de lectura comunitaria, onde exploraremos os poemas máis conmovedores de Rosalía de Castro. Comparte a túa voz e reflexións e descobre o poder das súas palabras.

Participa e traballa coa fotografía. De entre todas as obras, seleccionarase unha para imprimir en bolsas serigrafiadas, fusionando a tradición literaria coa expresión visual contemporánea.


O noso club de lectura únese a esta celebración de Rosalia de Castro, coa visita de Pedro Feijoo, para falar do libro “A memoria da choiva”, onde Rosalía é unha personaxe máis da novela.

Para pechar esta celebración o día 21 de marzo o Alcalde recibirá a/o autor/a da obra seleccionada e as/os autores/as dos 10 mellores traballos, entregándolle un diploma, na biblioteca e invitando aos veciños/as á inauguración da exposición colectiva das obras presentadas, na que se distribuirán as bolsas serigrafiadas.