CONTOS E MÚSICA CON CAXOTO.
26 DEC. NADAL NO PAZO. CONCERTO NA CAPELA
XXIII CONCURSO POSTAIS DE NADAL
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2023/2024
Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro e Moraña, van a poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego.
Programa Integrado de Emprego do Concello de Cuntis 2023/2024.
Este programa esta cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal
Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.
As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa.
Levaranse a cabo accións relacionadas con:
- a) Información, orientación e asesoramento.
- b) Formación en diversos cursos
- c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación.
- d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
- e) Fomento da capacidade emprendedora.
- f) Prospección empresarial.
- g) Emparellamento de ofertas de traballo
- h) Prácticas profesionais non laborais en empresas.
- i) Obradoiros sobre mobilidade laboral
Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.
Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Barro 986714806 – 690722812, Portas 986536925, Moraña 986553005
BARRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DESEÑA O NOSO LOGO E LEMA
Cada 25 de novembro, o mundo únese para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta data lémbranos a importancia de alzar a voz contra un problema que afecta a mulleres e nenas en todas partes do mundo.
Este día é unha oportunidade para sensibilizarnos, educarnos e tomar medidas concretas para erradicar a violencia de xénero nas nosas comunidades.
Dende o Concello de Barro traballaremos cos mási novos, buscando un logotipo reivindicativo contra a violencia de xénero, no que poderá integrase un texto ou lema.
Máis información: Bases concurso logo e lema contra a violencia de xénero 2023
SAMAÍN EN BARRO
XI Concurso Calacús
BASES
- Quen pode participar?
- Concello de Barro invita a participar no XI Concurso de calacús a toda persoa que teña interese no Samaín (rito celta de ano novo) e mais concretamente no emprego dos calacús nestas datas.
- Poderán participar neste concurso segundo as diferentes idades establecidas no punto 4º destas bases.
- Na categoría de 18 en diante, poderán participar entregando 2 tipos de calacús: de gran tamaño ou tallados e decorados.
- Este concurso terá lugar na tarde-noite do 31 de outubro no Pazo da Crega, Rúa do Pazo, nº1, Perdecanai – 36194 Barro, Pontevedra Localización: 42.525391, -8.640184.
- Como participar?
- Prazo de inscrición estará aberto ata o luns día 30 de outubro ás 14:00h.
- Poderán recoller e entregar a instancia de solicitude na oficina de información xuvenil do Concello de Barro, situada en Santo Antoniño Perdecanai nº 12.
- A recepción dos calacús inscritos realizarase o día 31 de outubro no Pazo da Crega de 18:00 a 19.30 horas.
- No caso dos participantes menores de idade deberán ir acompañados dun adulto responsable.
- A organización resolverá, se é necesario, no acto, calquera cuestión e imprevisto que se presente durante o desenvolvemento do concurso e que non estea recollido explicitamente nas bases do mesmo.
- Votación:
- O xurado reunirase de 19:30 a 20:00 no Pazo da Crega, para a selección e cualificación dos calacús presentados a concurso. O xurado repartirá os vales dos premios ás 20.15 horas, que posteriormente trocaranse polos correspondentes premios, nas oficinas do Concello de Barro.
- A participación no concurso implica a aceptación das seguintes bases e para o que non estea previsto aplicarase o que o xurado asignado designe.
- Premiose xurado:
- Un xurado composto polo Concelleiro de Cultura ou persoa en que delegue e tres representantes dos movementos culturais e asociativos do concello elixirán os calacús que estean mellor elaborados e que sexan máis atractivos, sempre adaptados ás diferentes idades que se presentan.
Categorías e premios:
*Rapaces/as de 3 a 6 anos:
1º premio ao calacú mellor tallado/decorado.30€
2º premio ao calacú mellor tallado/decorado.25€
3º premio ao calacú mellor tallado/decorado.20€
*Rapaces/as de 7 a 11 anos:
1º premio ao calacú mellor tallado/decorado.30€
2º premio ao calacú mellor tallado/decorado.25€
3º premio ao calacú mellor tallado/decorado.20€
*Mozos/as de 12 a 17 anos:
– 1º premio ao calacú mellor tallado/decorado. 30€
2º premio ao calacú mellor tallado/decorado.25€
3º premio ao calacú mellor tallado/decorado.20€
*Adultos de 18 anos en diante:
– 1º premio ao calacú mellor tallado/decorado. 40€
-1º premio maior tamaño.40€
- O fallo do xurado e inapelable.
- Os premiados/as deberán entregar no prazo máximo de 15 días naturais a documentación necesaria para que o concello realice o pagamento, de non ser así o premio considerarase deserto.
Utilización de nome, imaxe dos participantes.
-Os participantes prestan o seu consentimento expreso ao Concello de Barro no caso de que esta entidade decidise utilizar o nome ou imaxe en calquera soporte de comunicación, incluídas páxinas web e redes sociais, etc., con fins informativos ou promocionais, sempre que estas se relacionen co presente concurso, sen que isto xere dereito a favor dos gañadores e finalistas a recibir contraprestación algunha por iso. Devandito consentimento préstase de forma gratuíta, por iso, sen limitación territorial nin de soportes e coa vixencia temporal máxima establecida na lei.
Concello de Barro asume o dereito en exclusiva do emprego das imaxes dos calacús gañadores do concurso para o seu uso posterior.
Datos persoais:
– Os datos facilitados polos usuarios empregaranse para a comunicación dos gañadores e, ademais, incorporaranse nun ficheiro titularidade do Concello de Barro para usos administrativos e de xestión do concurso.
– Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada do Concello de Barro, Santo Antoniño, Perdecanai, nº 11, 36194 Barro, Pontevedra.
Imprevistos:
O Concello de Barro resérvase o dereito de, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable ao Concello de Barro, especialmente por causa de forza maior. Para máis información, podedes poñervos en contacto co Concello de Barro no mail omix@barro.es
Foro competente:
Para calquera controversia que puidese derivarse deste concurso, o Concello de Barro e os participantes sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.
Bases e formulario de inscripción: Bases XI CONCURSO Calacús 2023 e formulario de inscrición
Concurso Curtas D-Medo 2023
O Concello de Barro volverá contar co Festival de Curtas de D Medo neste Samaín, un evento que se consolida ano trás ano e no que se presentan interesantísimos traballos. A proxección das curtas e a entrega de premios terá lugar nunha gala o día 31.
As curtas deben ter unha duración máxima de 3 minutos. O xénero o enfoque ou o número de personaxes corren pola elección d os participantes.
O prazo para a presentación dos traballos remata o venres día 27 outubro ás 14:00 horas. As bases do concurso pódense consultar na oficina da OMIX de Barro ou en:









