O concello de Barro participa neste proxecto de Libera
https://proyectolibera.org/proxi…/proximas-recogidas/13057

O concello de Barro participa neste proxecto de Libera
https://proyectolibera.org/proxi…/proximas-recogidas/13057

![]()
O Rallye de Pontevedra terá por vez primeira un control de paso no Concello de Barro, no recinto do Pazo da Crega.
Será este vindeiro sábado día 1 de xuño. A partir das 17:30 h irán chegando cunha frecuencia de 1 minuto os vehículos dos máis de 120 equipos participantes. Os participantes realizarán un control de paso e partirán desde Barro cara Sanxenxo.
O día 1 a partir das 15:00 horas non estará permitido estacionar nin acceder con vehículos ás inmediacións do Pazo da Crega.
Haberá zonas habilitadas para o público

Abertas as inscricións para a 𝗜𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗮 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗩𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼, unha actividade que o concello de Barro organiza coa colaboración do Club de Atletismo +9.
A inscrición e a consulta do regulamento pódese facer en liña, a través da seguinte ligazón: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/ii-carreira-popular-da-festa-do-vino-de-barro/?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAAR0VNaBlqL5PH5XUTkwtlpC2Zliti5PhylYX0WeQmKal2hQBryyAi_41orc_aem_AZLU0OfE3n1KLJdexGO1wrU7zblH1qUJiC2-BqvYVUtnKxOfMFjbCn1gq7TK7Pgss9n5l_bNIIq49OUjTcLRnzbx

O concello de Barro renderá homenaxe nesta XLV edición da Festa do Viño de Barro a todo o persoal da sanidade pública a través da figura de Ramón Ballesteros Arias, un enfermeiro que exerceu no centro de saúde de Barro durante case tres décadas e, unha vez xubilado, deixou unha pegada moi fonda entre a veciñanza de Barro.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio anual de colaboración entre o concello e a entidade deportiva.
Con este convenio, o concello aportaralle ao Barro CF a cantidade de 8.000 euros para contribuír ao seu funcionamento e desenvolvemento, mentres que pola súa parte a entidade deportiva comprométese a promover a participación e a formar nesta disciplina a todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol como no fútbol sala.
Na sinatura do convenio estiveron presentes Iván Bello, responsable da área de Deportes, e Eva Paredes e Juan Pena, membros da Directiva do Barro C.F.

Abraldes e a Presidenta do Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal, Belén Búa, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano 2024.
O concello aportará a cantidade de 4.000 euros para axudar ao financiamento da agrupación, para que esta poida continuar co seu labor de preservación e divulgación da nosa cultura tradicional, ao mesmo tempo que forman a todas aquelas nenas e nenos de Barro que queren participar.
Na sinatura estiveron presentes Roberto Rivas, responsable da área de Cultura, e Mónica Buceta, tesoureira da agrupación.

O alcalde e o presidente da Asociación de empresarios de Barro (AsemBarro), Abraldes e Jesús Moreira, renovaron o convenio de colaboración por importe de 7.000 euros entre ambas entidades para levar a cabo actividades e campañas de dinamización do sector empresarial, hostaleiro e comercial de Barro durante o presente ano.
Con este convenio de colaboración o concello promove que sexan as propias persoas do sector as que elaboren e executen as súas propias campañas de promoción, pois ninguén mellor que as persoas do propio sector para coñecer tanto as súas necesidades como as mellores formas de atraer clientela ás súas empresas e negocios.

O alcalde, Xosé Manuel Fdz. Abraldes, a concelleira de Servizos Sociaisi, Amelia Cancela, e a equipa técnica do departamento de Servizos Sociais, visitaron no mesmo día a dúas persoas do noco concello que acadaron nada máis e nada menos que os cen anos. E non só chegaron a esa envexable cifra, senón que ademáis tanto Jesús coma Carme fixérono cunha memoria e lucidez impresionantes.


