Este domingo tivo lugar a semifinal do concurso de viños caseiros. Un comité de cata formado por catadores/as locais seleccionaron os viños que pasan á final do domingo 16, na que un comité de cata profesional decidirá os premios desta edición.
Os/as catores/as aseguraron que este ano o nivel está moi alto!
O Concello de Barro e o Club de Atletismo +9 poñen a marcha a segunda edición da Carreira Popular da Festa do Viño de Barro, unha proba deportiva que se estreou o ano pasado no calendario de atletismo e que deixou un gran sabor de boca entre as ducias de participantes.
O distancia da categoría absoluta será de 10 quilómetros, cun percorrido deseñado para gozar da paisaxe e do entorno natural e patrimonial de Barro. Haberá un total de 14 categorías, nas que participaran cativos a partir dos 3 anos de idade.
Esta actividade está englobada dentro da programación da XLV Festa do Viño de Barro e celebrase durante a mañá o domingo 23 de xuño. As inscricións e a consulta do regulamento pode facerse a través da páxina web www.galitimming.com.
Hoxe abre o prazo de exposición pública do proxecto de construción do Parque eólico do monte Castrove, para o que hai 30 días hábiles (até o 18 de xullo, incluído) para presentar alegacións.
Podes concultar o proxecto nas oficinas municipais ou a través do taboleiro de anuncios da Sede Electrónica
O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2024.
Este ano ofrécense un total de 200 prazas para os meses de xullo e agosto.
O prazo de presentación de solicitudes será do 4 ao 24 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.
Xunto coa solicitude os interesados deberán entregar a seguinte documentación:
DNI do solicitante e do representante
Libro de Familia
Tarxeta sanitaria do menor
Volante de empadroamento
Xustificante da situación laboral dos proxenitores/titores
Xustificante bancario de ingreso da cota
Para acceder aos seguintes documentos de interés prema no seu título:
Recollida realizada nos arredores do campo de fútbol e en zonas públicas e privadas na zona de Cesto Redondo e do Outeiro. Os residuos serán clasificados no Punto limpo.
Agradecemento a todos @s voluntari@s e á Comunidade de Montes da Portela pola súa colaboraración e implicación nesta xornada de recollida de barusaleza dentro do Proxecto Libera.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e Ana María Piñeiro, Presidenta da Banda de música xuvenil de Barro, renovaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano.
O concello aportará a cantidade de 9.200 euros para axudar ao financiamento da Escola de música de Barro e da Banda xuvenil de Barro, que realizan un gran labor de formación tanto de cativas/os como de mozas/os da localidade e que o goberno municipal quere seguir apoiando, por consideralo un dos maiores tesouros culturais e sociais de Barro.
Na sinatura estivo presente Roberto Rivas, concelleiro da área de Cultura.
Hoxe, 31 de maio, conmemórase o 𝐷𝘪́𝑎 𝑀𝘶𝑛𝘥𝑖𝘢𝑙 𝑠𝘦𝑛 𝑡𝘢𝑏𝘢𝑐𝘰. Desde os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos asociados ao tabaquismo; tanto para a saúde, como noutros ámbitos,e avogar por políticas eficaces para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o seu abandono entre as persoas fumadoras.
Resaltamos o lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2024, que se centra na protección da xuventude, demandando que a industria do tabaco cese de dirixirse a este grupo con produtos nocivos para a saúde, utilizando como lema:
A programación da Festa do viño de Barro contará, un ano máis, cun espazo protagonista para a cultura local, nunha edición na que o encargado de dar o pregón será ramón Ballesteros, enfermeiro durante 24 anos no centro de saúde de Barro e que deixou unha fonda pegada entre a veciñanza.
As actuacións de Jorge Menéndez e Son das Tabernas complementan as actuacións de catro orquestras de primeiro nivel como son París de Noia, Marbella, Capitol e La Ola ADN. A Banda Xuvenil de Barro será a encargada de poñerlle o ramo á festa desta vez será co espectáculo Verbena Sinfónica.
Tamén haberá espazo para a música tradicional, co Grupo de danzas Amor Ruibal, que se encargará da inauguración do XVII certame Rías Baixas, e as pandereteiras da AC Peñaflor. E en canto á música coral, actuarán a Coral Polifónica de Barro e a Coral da Portela.
Ademais das distintas e diversas actuacións musicais, nesta edición haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos, un espazo para deporte cun torneo de tenis e outro de fútbol, unha exposición de motos clásicas e a tradicional sardiñada e xantar popular.
As catas finais celebraranse o domingo 16, momentos antes da entrega de premios nos que se coroarán os mellores viños locais caseiros e os mellores viños das adegas da DO Rías Baixas.