Mellora da seguridade viaria e dos accesos nos núcleos de Valbón, A Áspera e A Porriña

O concello de Barro continúa a súa aposta por poñer en valor as parroquias mellorando a accesibilidade a todos os núcleos de poboación, así como a seguridade para persoas e vehículos. Agora será a quenda dos núcleos de Valbón, A Áspera e A Porriña, nas parroquias de Agudelo e da Portela.

O executivo local vén de adxudicar un porxecto cal se renovará a pavimentación da pista paralela á vía do tren, no acceso ao lugar de Valbón, así como a mellora do pavimento e ampliación do ancho da estrada no lugar da Áspera. Con este porxecto tamén se actuará no lugar da Porriña.

O orzamento desta actuación ascende a 110.242 euros, que se financiará con cargo ao Plan Máis Provincia 2024. A empresa encargada dos traballos será COVSA, por representar a mellor oferta presentada. Prevese que os traballos poidan comezar no mes de setembro.

Posta en funcionamento dun novo espazo de lecer

O alcalde, Fernández Abraldes, e a concelleira Rocío Martínez, supervisaron o remate das obras de construción dun parque de xogos e de lecer na rúa Carrasqueira, no entorno do novo acceso a Valbón.

Este novo parque está composto por xogos de escalada, calistenia e unha tirolesa. E nos vindeiros días colocaranse bancos.

Esta actuación contou cun orzamento de 24.079 euros e foi executada pola empresa Galega de Actuacións no Rural S.L., por ser a mellor oferta presentada.

Festas da Portela 2024

🎇 O vindeiro 10 de agosto terá lugar a Festa da Portela. Aquí vos deixamos a programación.

Mellora de acceso ao lugar do Concello

Nestes días darán comezo os traballos de mellora do acceso ao núcleo do Concello, na parroquia de Agudelo.

Esta actuación consistirá na renovación total do pavimento e da mellora da seguridade para vehículos e peóns en todo o entorno.

Para este proxecto cóntase cun orzamento total de 55.799,96 euros, dos cales 46.115,67 € proveñen dunha subvención da Consellería de medio Rural. Os restantes 9.684,29 euros fináncianse con fondos propios municipais.

Renovación da cuberta da cloradora

🏚️ Rematon os traballos de reparación da cuberta das instalacións que albergan o equipamento de cloración e control de auga municipal, despois de que fora danado nun temporal.

Estes traballos foron executados pola empresa Mnauel Pombo Quintáns e contaron cun orzamento de 5.897,88 euros, financiado con cargo ao Plan Máis Provincia 2024.

Panaderías Acuña abre as súas instalacións en Barro

O alcalde recibíu no concello a Andrés Acuña, responsable de Panadería Acuña, quen lle informou de que o próximo 1 de agosto abrirá a cafetería que forma parte das instalacións que veñen de rematar de construír no polígono de Barro.

No encontro, o responsable da empresa trasladoulle ao alcalde que teñen o obxectivo de empezar a producción no obradoiro de panificación a principios de 2025, coa idea de rematar nese ano o traslado a Barro de todo os seus procesos de elaboración. Así mesmo, tamén lle informou de que a empresa instalará nas instalacións un buzón para recoller os curriculums de todas as persoas con interese en formar parte do plantel de traballo de Acuña.

O alcalde trasladoulle o seu agradecemento por ter escollido e apostado por Barro como lugar no que fixar toda a producción da súa empresa e desexoulle moita sorte nesta nova etapa.

Xoves ao clareo 2024

Compartímosvos a programación do ciclo de actividades para este verán dirixidas á mocidade de Barro. Inscríbete!

Renovación da baranda dos xardíns do Pazo da Crega

🚧 Estes días rematou a colocación da nova baranda de protección dos xardíns do Pazo da Crega. Un elemento acorde a este entorno patrimonial e natural.

Esta actuación contou cun orzamento de 14.947,12 euros, financiado con fondos propios municipais, e foi executada pola empresa Talleres Claudio.