Skip to content

Convenio de colaboración con ASEMBARRO

O alcalde e o presidente da Asociación de empresarios de Barro (AsemBarro), Abraldes e Jesús Moreira, renovaron o convenio de colaboración por importe de 7.000 euros entre ambas entidades para levar a cabo actividades e campañas de dinamización do sector empresarial, hostaleiro e comercial de Barro durante o presente ano.

Con este convenio de colaboración o concello promove que sexan as propias persoas do sector as que elaboren e executen as súas propias campañas de promoción, pois ninguén mellor que as persoas do propio sector para coñecer tanto as súas necesidades como as mellores formas de atraer clientela ás súas empresas e negocios.