Xoves ao clareo 2026

Preinscrición · Xoves ao Clareo 2026

Selecciona unha ou varias actividades. As prazas son limitadas e adxudícanse por orde de inscrición, pero o número de persoas inscritas non se mostra publicamente. A Festa Holi + DJ e o Adestramento na rúa (calistenia) teñen unha idade mínima de 12 anos.

Importante: as inscricións para cada actividade pecharanse ás 12:00 h do mesmo día no que se celebre o obradoiro ou actividade.

1. Datos da persoa participante
2. Actividades
4. Autorizacións e protección de datos
Responsable: Concello de Barro. Finalidade: xestión do programa Xoves ao Clareo 2026. Os datos conservaranse durante o tempo necesario para a xestión administrativa da actividade e as obrigas legais aplicables. Podes exercer os teus dereitos ante o Concello de Barro.

Inscrición · Eclipse en Barro · 12 de agosto

Inscrición · Eclipse en Barro

12 de agosto de 2026

📍 Monte da Chan (Agudelo)
🕡 A actividade comezará ás 18:30 h

🔭 Obradoiro sobre o eclipse 30 / 30 prazas ocupadas
🌒 Aforo total 140 / 140 persoas inscritas

Debe facerse unha inscrición por cada persoa asistente. As persoas que participen no obradoiro tamén computan dentro do aforo total de 140 persoas.

Repartiranse gafas de observación solar ás persoas inscritas, tanto ás participantes no obradoiro como ás que acudan unicamente á observación.

Prazas completas

Completouse o aforo máximo de 140 persoas para a actividade do eclipse.

Exposición de Rudesingo Lago

O vindeiro mes de agosto, a sala de exposicións do Palacete das Mendoza en Pontevedra acollerá a mostra «Os debuxos do escritor», do autor e artista de Barro, Rudesindo Lago Taboada.

A exposición ofrece unha ollada singular ao universo creativo de Lago, quen combina a súa traxectoria como escritor coa creación de debuxos instintivos e coloridos como unha forma de complemento e reflexión á súa obra literaria.

Datas: Do 7 ao 23 de agosto

Lugar: Palacete das Mendoza — Praza de Santa María, Pontevedra

Horario: De luns a venres: de 9:00 a 21:00 h (Sábados, domingos e festivos: de 10:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:00 h)

Entrada libre.

Aberto o prazo para solicitar praza no Espazo lecer-concilia 2026

O Concello de Barro pon en marcha unha nova edición do Espazo Concilia para os meses de xullo e agosto, co obxectivo de axudar ás familias do municipio a conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de verán.

📝 Inscricións:

A partir de hoxe xa podes realizar a presentación de solicitudes de praza nas oficinas municipais. O prazo remata o 23 de xuño.

Descarga aquí os modelos de Solicitude e de autoliquidación da taxa:

Esta iniciativa municipal conta cunha achega da Deputación de POntevedra de 5.400,83 euros para o “PROXECTO ESPAZOS DE LECER CONCILIA 2026” a través da convocatoria de Subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2026.

A empresa Comercial de Vehículos Industriais TAR S.L. aséntase no polígono de Outeda

O Concello de Barro concedeu a licenza de construción á empresa Comercial de Vehículos Industriais TAR S.L. para a posta en marcha das súas novas instalacións no parque empresarial de Outeda. A firma elixiu este emprazamento estratéxico para expandir a súa actividade.

O proxecto situarase especificamente sobre as parcelas E-5 e E-6 do sector E do polígono. A nova nave contará cunha superficie construída de 1.672 metros cadrados, onde se instalará un taller especializado en servizos mecánicos e unha área destinada á exposición e venda de vehículos comerciais e industriais da marca MAN. O orzamento de execución material para as obras ascende a un total de 550.000 euros.

Con esta resolución, o polígono de Outeda continúa sumando novas empresas e consolidando a súa actividade económica

Trofeo de fútbol da festa do Viño de Barro

🏆 Trofeo de fútbol da Festa do Viño 2026

O Concello de Barro e o Barro C.F. unen forzas un ano máis para celebrar o deporte base dentro da programación da nosa Festa do Viño. Unha axenda pensada para o desfrute de toda a veciñanza!

Serán catro días de moito deporte onde os nosos equipos da base se medirán a grandes rivais da contorna. ⚽️🍇

📅 Calendario de partidos:

𝗠𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟳 𝘅𝘂𝗻̃𝗼

👶 Biberón | 18:45 h

💪 Xuvenil | 20:00 h

𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝟭𝟴 𝘅𝘂𝗻̃𝗼

⚡️ Cadete | 20:00 h

𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟵 𝘅𝘂𝗻̃𝗼

🏃‍♂️ Infantil | 18:00 h

𝗦𝗮́𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟮𝟬 𝘅𝘂𝗻̃𝗼

🌟 Prebenxamín | 17:00 h

🚀 Benxamín | 18:00 h

🔥 Alevín | 19:00 h