ESTREA TEATRAL: O BAR – LABORATORIO DE TEATRO. Dándolle á lingua 2025

Despois de 10 sesións de traballo intenso, improvisacións e darlle á lingua galega, os participantes do Laboratorio de Teatro 2025 presentan a súa propia obra: O bar.
Un espazo común, un punto de encontro, un lugar cheo de historias cruzadas, confesións inesperadas e humor da vida cotiá.
Todo isto e moito máis poderás vivilo nesta estrea única, creada e protagonizada polos membros do laboratorio.
Data: 21 de novembro
Lugar: Salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de Barro
Hora: 20:00
Entrada libre ata completar aforo
Ven compartir connosco o resultado dun proceso creativo cheo de paixón polo teatro!

ZAPATOS. Espectáculo para bebés de 1 a 4 anos e familias.

O sábado 20 de setembro ás 12:00 horas, no Pazo da Crega, terá lugar o espectáculo “Zapatos”, unha proposta especialmente pensada para bebés de 1 a 4 anos e as súas familias. A actividade, con entrada de balde ata completar aforo, busca ofrecer unha experiencia cultural adaptada ás primeiras idades, favorecendo o goce compartido do teatro e a creación de novos espazos de encontro arredor da cultura.

DÁNDOLLE Á LINGUA. LABORATORIO DE TEATRO

🎉Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai oito anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Esta é a segunda actividade de 👅“Dándolle á lingua”.

O “Laboratorio de teatro” é unha experiencia única de creación e de convivencia colectiva, na que experimentar técnicas de improvisación, desenvolver a espontaneidade e mostrar cara o público o aprendido.

📌Día: unha vez á semana (os martes)
📌Data: Comezamos o MARTES 23 DE SETEMBRO ata o MARTES 18 DE NOVEMBRO de 2025 COA POSTA EN ESCENA DA OBRA O VENRES 21 DE NOVEMBRO.
📌Horario: 19:30h a 21:00

➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
☎️Telefono: 986714806 – 690722812

A UTÓPICA RODANTE. “De Vilatriste a Vilalegre”

Este venres 6 de setembro ás 20:30, na Nave da Música, poderedes desfrutar dunha divertida peza de títeres a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro ata o Concello de Barro.
Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?

DÁNDOLLE Á LINGUA 2023.

“DANDOLLE A LINGUA” Busca contribuír mediante a transmisión oral, a escrita, a musica, e a imaxe á formación de lazos interxeracionais entre os veciños/as do Concello de Barro e visitantes, uníndoos nun proxecto común.

PROGRAMA.

1.CONCURSO “AS VERBAS QUE CONTAN”, PROSA E VERSO EN GALEGO.
ENTREGA OBRAS: Prazo ata 03/05/2023
ACTO PÚBLICO DE LECTURA DAS OBRAS PREMIADAS E ENTREGA DE PREMIOS: 20 de maio ás 12:00 h Nave da música Barro.

 

2.CONCERTO. A GRAMOLA GOMINOLA
ACTUACIÓN: 15 de xuño, ás 20:00 h no Pazo da Crega.

 

3. LABORATORIO DE TEATRO: DESENVOLVE HABILIDADES DE COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN, GAÑA CONFIANZA, SÍNTETE MÁIS SEGURO DE TI MESMO
Día: martes, unha vez á semana.
Data: Comezamos o MARTES 19 DE SETEMBRO ata o MARTES 14 DE NOVEMBRO de 2023
Horario: 19:30h a 21:00 h

 

4. CONCURSO DE CURTAS.D-MEDO 2023
ENTREGA DAS OBRAS: Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 18/10/2023
– Premio categoría Xeral:
1º premio: 200 €, 2º premio:100€, 3º premio: 70€.
– Premio categoría D-Medo no IES: Vale de gasto 60€
– Premio do público: Vale de gasto 60€
PROXECCIÓN CURTAS 31/10/2023 a partir das 21:30h

Dándolle á lingua. Laboratorio de teatro.

Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai sete anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta é a terceira actividade de “Dándolle á lingua”.
No “Laboratorio de teatro” acadaredes as liñas básicas para crear unha atmosfera máxica e ideal para narrar e interpretar.
Exploraremos e potenciaremos as capacidades expresivas dos e das participantes, por medio de dinámicas e xogos, memorización e montaxe de pequenas escenas.
📌Día: unha vez á semana (os martes)
📌Data: Comezamos o MARTES 19 DE SETEMBRO ata o MARTES 14 DE NOVEMBRO de 2023
📌Horario: 19:30h a 21:00
➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h
☎️Telefono: 986714806 – 690722812.