Convenio de colaboración entre o concello e o Barro CF

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio anual de colaboración entre o concello e a entidade deportiva.

Con este convenio, o concello aportaralle ao Barro CF a cantidade de 8.000 euros para contribuír ao seu funcionamento e desenvolvemento, mentres que pola súa parte a entidade deportiva comprométese a promover a participación e a formar nesta disciplina a todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol como no fútbol sala.

Na sinatura do convenio estiveron presentes Iván Bello, responsable da área de Deportes, e Eva Paredes e Juan Pena, membros da Directiva do Barro C.F.

Convenio de colaboración entre o Grupo de Danzas Amor Ruibal e o concello de Barro

Abraldes e a Presidenta do Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal, Belén Búa, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano 2024.

O concello aportará a cantidade de 4.000 euros para axudar ao financiamento da agrupación, para que esta poida continuar co seu labor de preservación e divulgación da nosa cultura tradicional, ao mesmo tempo que forman a todas aquelas nenas e nenos de Barro que queren participar.

Na sinatura estiveron presentes Roberto Rivas, responsable da área de Cultura, e Mónica Buceta, tesoureira da agrupación.

As verbas que contan 2024. Concurso de prosa e verso en galego.

Xa queda pouco para a entrega das obras.
Participa no noso concurso “As verbas que contan”, unha tradición literaria arraigada no noso concello!
Gústache escibir en galego, prosa ou poesía?
Entón, esta é a túa oportunidade de participar nun evento que xa involucrou a unha parte importante do noso concello, en algunha ocasión!
 
Nas “Verbas que contan” buscamos as túas creacións literarias orixinais. Podes participar con micro relatos, contos, haikus, caligramas e acrósticos. As posibilidades son infinitas!
 
🗓️ Tes tempo ata o VENRES 3 de maio para enviar as túas obras.
A que agardas?
É unha oportunidade para compartir o teu talento co mundo e gañar incribles premios.
 
Ven ata a OMIX de Barro a recoller o soporte onde realizar a túa creación, “As verbas que contan” agardan.
Podes descargar as bases no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0

Convenio de colaboración con ASEMBARRO

O alcalde e o presidente da Asociación de empresarios de Barro (AsemBarro), Abraldes e Jesús Moreira, renovaron o convenio de colaboración por importe de 7.000 euros entre ambas entidades para levar a cabo actividades e campañas de dinamización do sector empresarial, hostaleiro e comercial de Barro durante o presente ano.

Con este convenio de colaboración o concello promove que sexan as propias persoas do sector as que elaboren e executen as súas propias campañas de promoción, pois ninguén mellor que as persoas do propio sector para coñecer tanto as súas necesidades como as mellores formas de atraer clientela ás súas empresas e negocios.

Veciñanza centenaria

O alcalde, Xosé Manuel Fdz. Abraldes, a concelleira de Servizos Sociaisi, Amelia Cancela, e a equipa técnica do departamento de Servizos Sociais, visitaron no mesmo día a dúas persoas do noco concello que acadaron nada máis e nada menos que os cen anos. E non só chegaron a esa envexable cifra, senón que ademáis tanto Jesús coma Carme fixérono cunha memoria e lucidez impresionantes.

Concurso de viños caseiros

O prazo para a entrega dos viños de colleiteiro/a para participar no concurso da XLV Festa do viño de Barro será entre o 14 de maio e o 4 de xuño.

A cata previa na que se escollerán os viños que pasan á final terá lugar o sábado 8 de xuño, e a cata final será o domingo 16 de xuño no Pazo da Crega.

Programa Integrado de Emprego (PIE)

Este mércores celebrouse unha reunión de traballo entre o equipo técnico do (PIE) e representantes políticos dos concellos adheridos (Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas), para avanzar en cuestións como o incremento de inserción laboral e a realización de prácticas en empresas da contorna por parte das 100 persoas que forman parte do alumnado. O obxectivo deste encontro foi, precisamente, analizar as entidades e negocios nas que os alumnos e alumnas poidan desenvolver as sesións prácticas.

O programa de emprego está dirixido a diferentes colectivos da sociedade, como mozos e mozas menores de 30 anos, homes e mulleres maiores de 45 e persoas con discapacidade, e co que se forma ao alumnado en distintas materias e se realiza un asesoramento e acompañamento na búsqueda de emprego.

Trátase dun programa cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Servizo de Público de Emprego Estatal.

Adxudicado o proxecto de renovación da cuberta do pavillón municipal

O Xunta de Goberno local vén de adxudicar o proxecto para a renovación da cuberta do pavillón municipal de Santo Antoniño nun proceso que espertou moito interese e ao que se presentaron máis de 20 ofertas de empresas distintas.

O orzamento base de licitación era de 150.000 euros, IVE incluído, e a mellor oferta recibida foi a realizada pola empresa Agencia Comercial Herenciana S.L., por un importe de 112.641,84 euros, o que permitirá que o concello aforre neste proxecto arredor do 25%.

O obxectivo é que as obras se realicen nos meses de verán, para causar as menores molestias posibles ás persoas usuarias.

XLV Festa do Viño de Barro

Comeza a conta atrás para que poidamos gozar da nosa gran festa, que este ano será o 13, 14, 15 e 16 de xuño.

Nos vindeiros días daremos a coñezar toda a programación.

Arranxo do Camiño vello do San Amaro

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o proxecto para a mellora e acondicionamentodo do Camiño vello do San Amaro á empresa E.C. Casas, por ser a mellor oferta presentada.

Con este proxecto, unha vez que xa están conseguidos todos os permisos sectoriais, levarase a cabo a recollida das augas pluviais e a pavimentación do mesmo. Está previsto que os traballos comecen nos vindeiros días.

O orzamento para esta obra é de 30.257,79 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.