Skip to content

Arranxo do Camiño vello do San Amaro

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o proxecto para a mellora e acondicionamentodo do Camiño vello do San Amaro á empresa E.C. Casas, por ser a mellor oferta presentada.

Con este proxecto, unha vez que xa están conseguidos todos os permisos sectoriais, levarase a cabo a recollida das augas pluviais e a pavimentación do mesmo. Está previsto que os traballos comecen nos vindeiros días.

O orzamento para esta obra é de 30.257,79 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.