Hoxe comezan as Asembleas informativas do Goberno municipal nas distintas parroquias, a través das cales se dará conta da xestión municipal e dos obxectivos para este 20024. Nelas a veciñanza tamén pode trasladar as súas propostas
![](https://barro.es/wp-content/uploads/2024/04/WhatsApp-Image-2024-04-16-at-00.09.51-724x1024.jpeg)
Remataron os traballos de adecuación, mellora e posta en valor da capela do San Marco, capela que é propiedade do Concello e que está dentro dos terreos do Pazo da Crega.
Con esta última intervención realizouse a renovación da instalación eléctrica, elimináronse as filtracións de auga das paredes e realizouse un minucioso traballo de limpeza da pedra.
O importe total deste proxecto ascendeu a 24.123,12 euros, dos cales foron sufradas a cargo dunha subvención da Deputación Pontevedra para melloras do patrimonio un total de 11.655,94 euros.
Ensino de Novas Tecnoloxías:
Datas: Lúns 22, 29 de abril e 6, 13 de maio de 2024 de 10:00 a 12:30 h.
Lugar: Salón de sesións da Casa do Concello de Barro.
Inscripcións ata o 19 de abril de 2024 no Departamento de Servizos Sociais de Barro.
Para descargar o cartel prema AQUI.
Hoxe, 7 de abril, conmemórase o DÍA Mundial da Saúde. Este ano 2024, a Organización Mundial da Saúde (OMS), centra as reivindicacións no lema “A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO”, como forma de sensibilizar á poboación sobre a ameaza para a saúde que supoñen os conflitos bélicos.
Dende o Concello de……. (Proxecto de prevención das condutas adictivas) sumámonos á OMS para reivindicar a importancia da saúde e da asistencia médica universal. Para iso, convidamos á poboación de……a ler o Manifesto do Día Mundial da saúde que se adxunta nesta entrada, así como a participar no xogo “Canto sabes sobre a saúde?”, baseado no famoso programa de televisión PASAPALABRA, co que poder reflexionar e recordar hábitos e estilos de vida saudables.
Para ver o manifesto prema aqui.
Para imprimir o cartel prema aqui.