Chafallas a vendedora de fume.
Dándolle á lingua 2025. Falamos cos creadores de contido Prado Rúa e Olaxonmario.
A mocidade de hoxe vive nun mundo dixital, onde as redes sociais son unha parte esencial da súa comunicación e expresión. A lingua que se emprega nestes espazos non só reflicte a identidade persoal, senón que tamén condiciona o seu valor e presenza na sociedade. Por iso, fomentar o uso do galego entre a xuventude é fundamental para garantir que a nosa lingua se manteña viva e relevante en todos os ámbitos.
O Concello de Barro dentro do proxecto Dándolle á lingua, organiza dúas charlas no IES de Barro con Prado Rúa e Olaxonmario, dous referentes xuvenís que demostraron que se pode ter éxito en Internet sen renunciar ao galego. A súa experiencia servirá de inspiración para que o alumnado se sinta máis seguro empregando o galego, tanto nas redes como na vida cotiá, e para que perciban a lingua como unha ferramenta valiosa, moderna e con futuro.
CONCURSO CURTAS D-MEDO 2025.
Aberta a convocatoria para o Concurso Curtas D-MEDO
Un ano máis celebramos D-MEDO, un certame de curtametraxes consolidado ao longo dos anos como punto de encontro para novos talentos audiovisuais e para creadores/as xa en activo, tanto da contorna local como doutros lugares.
O prazo para a presentación de obras está aberto ata o 24 de outubro.
Esta é a túa oportunidade para dar visibilidade ao teu traballo nun concurso que aposta pola creatividade, a orixinalidade e o cinema feito con paixón.
Consulta as bases e información de participación no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello e Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0 , na OMIX de Barro ou na web barro.gal







