
O 12 de novembro na Feira de Barro: animación musical, castañas asadas e postos de antigüedades e artesanía.


Na noite do mércores celebrouse o primeiro Pleno ordinario deste mandato e que tivo como punto principal a aprobación do último paso administrativo para a cesión por parte do Concello de Barro á Consellería de Sanidade da parcela para a construción do novo Centro de Saúde.
Con este trámite, que foi aprobado cos votos a favor de BNG, PSOE e PP, e cos votos en contra de Xuntos, xa se poderá rexistrar a parcela a nome da Consellería de Sanidade, un paso fundamental para que a Xunta poida iniciar a construción da nova edificación.
A corporación tamén tivo seleccionar unha proposta para xuíza de paz substituta entre as dúas persoas que se presentaron. A proposta do goberno foi a da candidata que tiña un perfil académico máis axeitado ao posto e foi aprobada cos votos a favor de BNG, PSOE e PP, e coa abstención de Xuntos. Este é un traballo non remunerado e que se exercería unicamente no caso de que ocorrera algo que lle impedira exercer á xuíza de Paz titular.
Estamos na semana previa á celebración da romaría de San Breixo, unha festividade relixiosa que congrega a milleiros de persoas no Concello de Barro. Esta romaría ten unha tradición que se remonta séculos atrás e aquí dámosche algúns datos históricos, algúns deles ben curiosos, que igual non coñecías.
Sabes algunha lenda distinta sobre esta igrexa ou esta romaría? Fáinola chegar! 
O Goberno municipal elaborou un proxecto para a mellora do acceso ao lugar de Ortigueira, na parroquia de Valiñas.
A actuación consistirá na pavimentación e na ampliación do ancho da estrada, que permitirá un mellor acceso ao lugar, ao mesmo tempo que se mellora a seguridade.
O orzamento total do proxecto ascende a 56.035,49 euros e a actuación será executada pola empresa ORESA Construcción y Servicios Globales S.L., por ser a mellor oferta presentada.
Para o financiamento desta obra cóntase cunha subvención de 47.373 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do programa Plan Marco de mellora de camiños municipais. A cantidade restante finánciase con fondos propios municipais.
Este luns deron comezo os traballos de execución do proxecto DUS 5000, co que se implantarán máis de 500 novas luminarias LED en distintos lugares do Concello de Barro.
Para este proxecto, no que se leva traballando máis dun ano, captáronse arredor de 260.000 euros de fondos europeos que está xestionando o propio concello e ao que se engadiron arredor de 30.000 euros das arcas municipais.
Con esta actuación, que está executando a empresa Terca S.L.U, pasarase a tecnoloxía LED de última xeración 513 luminarias do alumeado dos lugares Piñeiro (Valiñas), Mane, A Igrexa, Canai, Bretoña, A Estación e o San Amaro.