Skip to content

Comezan os traballos para implantar 500 luminarias LED máis en distintos lugares do Concello de Barro

Este luns deron comezo os traballos de execución do proxecto DUS 5000, co que se implantarán máis de 500 novas luminarias LED en distintos lugares do Concello de Barro.

Para este proxecto, no que se leva traballando máis dun ano, captáronse arredor de 260.000 euros de fondos europeos que está xestionando o propio concello e ao que se engadiron arredor de 30.000 euros das arcas municipais.

Con esta actuación, que está executando a empresa Terca S.L.U, pasarase a tecnoloxía LED de última xeración 513 luminarias do alumeado dos lugares Piñeiro (Valiñas), Mane, A Igrexa, Canai, Bretoña, A Estación e o San Amaro.