Skip to content

Mellora do acceso ao núcleo de Ortigueira, na paroquia de Valiñas

O Goberno municipal elaborou un proxecto para a mellora do acceso ao lugar de Ortigueira, na parroquia de Valiñas.

A actuación consistirá na pavimentación e na ampliación do ancho da estrada, que permitirá un mellor acceso ao lugar, ao mesmo tempo que se mellora a seguridade.

O orzamento total do proxecto ascende a 56.035,49 euros e a actuación será executada pola empresa ORESA Construcción y Servicios Globales S.L., por ser a mellor oferta presentada.

Para o financiamento desta obra cóntase cunha subvención de 47.373 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do programa Plan Marco de mellora de camiños municipais. A cantidade restante finánciase con fondos propios municipais.