Recollida realizada nos arredores do campo de fútbol e en zonas públicas e privadas na zona de Cesto Redondo e do Outeiro. Os residuos serán clasificados no Punto limpo.
Agradecemento a todos @s voluntari@s e á Comunidade de Montes da Portela pola súa colaboraración e implicación nesta xornada de recollida de barusaleza dentro do Proxecto Libera.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e Ana María Piñeiro, Presidenta da Banda de música xuvenil de Barro, renovaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano.
O concello aportará a cantidade de 9.200 euros para axudar ao financiamento da Escola de música de Barro e da Banda xuvenil de Barro, que realizan un gran labor de formación tanto de cativas/os como de mozas/os da localidade e que o goberno municipal quere seguir apoiando, por consideralo un dos maiores tesouros culturais e sociais de Barro.
Na sinatura estivo presente Roberto Rivas, concelleiro da área de Cultura.
Hoxe, 31 de maio, conmemórase o 𝐷𝘪́𝑎 𝑀𝘶𝑛𝘥𝑖𝘢𝑙 𝑠𝘦𝑛 𝑡𝘢𝑏𝘢𝑐𝘰. Desde os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos asociados ao tabaquismo; tanto para a saúde, como noutros ámbitos,e avogar por políticas eficaces para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o seu abandono entre as persoas fumadoras.
Resaltamos o lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2024, que se centra na protección da xuventude, demandando que a industria do tabaco cese de dirixirse a este grupo con produtos nocivos para a saúde, utilizando como lema:
A programación da Festa do viño de Barro contará, un ano máis, cun espazo protagonista para a cultura local, nunha edición na que o encargado de dar o pregón será ramón Ballesteros, enfermeiro durante 24 anos no centro de saúde de Barro e que deixou unha fonda pegada entre a veciñanza.
As actuacións de Jorge Menéndez e Son das Tabernas complementan as actuacións de catro orquestras de primeiro nivel como son París de Noia, Marbella, Capitol e La Ola ADN. A Banda Xuvenil de Barro será a encargada de poñerlle o ramo á festa desta vez será co espectáculo Verbena Sinfónica.
Tamén haberá espazo para a música tradicional, co Grupo de danzas Amor Ruibal, que se encargará da inauguración do XVII certame Rías Baixas, e as pandereteiras da AC Peñaflor. E en canto á música coral, actuarán a Coral Polifónica de Barro e a Coral da Portela.
Ademais das distintas e diversas actuacións musicais, nesta edición haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos, un espazo para deporte cun torneo de tenis e outro de fútbol, unha exposición de motos clásicas e a tradicional sardiñada e xantar popular.
As catas finais celebraranse o domingo 16, momentos antes da entrega de premios nos que se coroarán os mellores viños locais caseiros e os mellores viños das adegas da DO Rías Baixas.
O Rallye de Pontevedra terá por vez primeira un control de paso no Concello de Barro, no recinto do Pazo da Crega.
Será este vindeiro sábado día 1 de xuño. A partir das 17:30 h irán chegando cunha frecuencia de 1 minuto os vehículos dos máis de 120 equipos participantes. Os participantes realizarán un control de paso e partirán desde Barro cara Sanxenxo.
O día 1 a partir das 15:00 horas non estará permitido estacionar nin acceder con vehículos ás inmediacións do Pazo da Crega.
Abertas as inscricións para a 𝗜𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗮 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗩𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼, unha actividade que o concello de Barro organiza coa colaboración do Club de Atletismo +9.
O concello de Barro renderá homenaxe nesta XLV edición da Festa do Viño de Barro a todo o persoal da sanidade pública a través da figura de Ramón Ballesteros Arias, un enfermeiro que exerceu no centro de saúde de Barro durante case tres décadas e, unha vez xubilado, deixou unha pegada moi fonda entre a veciñanza de Barro.
O vindeiro 11 de maio ás 20:30 h terá lugar na Biblioteca pública de Barro a presentación da triloxía “A vida é literatura”, do noso veciño Rudesindo Lago
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio anual de colaboración entre o concello e a entidade deportiva.
Con este convenio, o concello aportaralle ao Barro CF a cantidade de 8.000 euros para contribuír ao seu funcionamento e desenvolvemento, mentres que pola súa parte a entidade deportiva comprométese a promover a participación e a formar nesta disciplina a todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol como no fútbol sala.
Na sinatura do convenio estiveron presentes Iván Bello, responsable da área de Deportes, e Eva Paredes e Juan Pena, membros da Directiva do Barro C.F.