
Mellora dos accesos ao lugar de Ortigueira en Valiñas
O alcalde, Fernández Abraldes, o concelleiro de obras de accesos a núcleos e medio rural, Iván Bello, e o concelleiro da parroquia de Valiñas, Roberto Rivas, supervisaron o remate das obras de mellora de acceso ao lugar de Ortigueira, na parroquia de Valiñas.
Estas obras, consistiron na pavimentación e no ancheamento da estrada, así como na construción de gabias para as augas pluviais nas marxes. O orzamento total deste proxecto ascendeu a 56.035,49 euros e foi executado pola empresa Oresa S.L. Para financiar esta actuación, o goberno municipal contou cunha subvención de 47.373 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do programa Plan Marco de mellora de camiños municipais. A cantidade restante financiouse con fondos propios municipais.



O Pleno da corporación alega contra o proxecto do parque eólico do Castrove
O Pleno extraordinario da corporación municipal aproubo por unanimidade unha alegación conxunta contra o proxecto do parque eólico do Monte Castrove. Pois se ben ningún dos aeroxeradores iría en terreos de Barro, a liña eléctrica de evacuación do polígono eólico baixaría pola ladeira de Curro, en dirección á subestación do polígono de Outeda.
Esta liña viría aérea ata chegar ao lugar de Bretoña, atravesando soterrada polo medio do lugar, e despois volvería ir aérea polo val agrícola de Curro e boreando o lugar de Outeda.
A corporación estivo de acordo en que de levarse isto a cabo, isto afectaría moi lesivamente á veciñanza da parroquia de Curro, tanto no presente como no futuro, polo que se aprobou unha alegación ao proxecto mostrando o rexeitamento a este proxecto.
Foto de arquivo:

“Vacacións en Paz” en Barro
O alcalde, Fernández Abraldes, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Amelia Cancela, recibíu no Concello aos dous nenos saharauis que pasan o verán con unha familia de acollida de Barro, dentro do proxecto Vacacións en Paz.
Os representantes municicpais agradecéronlle á Sociedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) facer posible que moitos nenos e nenas poidan pasar o verán en Galiza, ao mesmo tempo que lle agradeceron a Nuria e Yago, veciñ@s de Barro, ter acollido a dous deles en Barro.

Dan comezo as obras de renovación da cuberta do pavillón municipal
Instalación dun banco conmemorativo do Día do orgullo LGTBI
Actividades polo día da Visibilidade LGTBI
Apertura da piscina municipal 2024
Percorrido da II Carreira Popular da Festa do Viño de Barro
Este domingo celébrase a II Carreira Popular da Festa do Viño de Barro, unha edición que contará con máis de 200 partipantes, case o dobre de corredores/as que na primeira edición.
O percorrido estará pechado ao tránsito de vehículos entre as 9:50 h e aproximadamente as 11:30 h. Mais nos tramos por onde vaia pasando o fin da carreira xa quedarán abertos ao tránsito con normalidade.

Encontro entre o alcalde de Barro e o Presidente da Deputación provincial
Abraldes mantivo na mañá de hoxe un encontro co Presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López Diéguez, no que falaron sobre as necesidades en materia de seguridade viaria nas estradas provinciais que discorren por Barro e dalgunhas melloras necesarias nos servizos do Polígono de Outeda. Na reunión, o alcalde e o presidente provincial tamén conversaron sobre os proxectos para Barro previstos para este ano financiados con cargo ao Plan Máis Provincia 2024.













