Recibimento a José Manuel Mosquera Cordo

O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Lores, recibiu no concello a José Manuel Mosquera Cordo, que vén de entrar na xubilación despois de 42 anos de traballo no Xulgado de Paz.

Abraldes aproveitou o encontro para desexarlle saúde e a mellor das sortes nesta nova etapa vital que se lle abre e entregoulle un detalle en recordo dos seus anos de traballo no Xulgado.

Implantación de luminarias LED

Comezou a execución do proxecto IDAE 2, que consistirá na substitución de 400 luminarias das antigas por luminarias de nova tecnoloxía LED, de menor consumo e mellor iluminación.

Con este proxecto substituiranse as luminarias do Santo Antoniño, do Polígono de Outeda, da estrada PO-531 e do lugar da Fonte de Curro.

Recibimento oficial a deportistas locais

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu na Alcaldía a Silvia Gago García e a Foz Rea Tilve, dous deportistas que veñen de facer un grandísimo traballo nas súas disciplinas e que son, sen dúbida, un exemplo de traballo e constancia.

Silvia Gago é piragüista e vén de quedar subcampioa da Copa de España nas categorías de C-1 500 e C-2 500 nunha proba celebrada en Verducido, e foi a campioa galega de C-2 500 e C-2 3000 nos campionatos de Verducido e Muíños. Fiz Rea practica Kick Boxing e vén de proclamarse nada máis e nada menos que campión de España na súa categoría.

O alcalde desexoulles moitos éxitos e moitas ganas de seguir loitando e perseguindo os seus soños, pero desde logo sen deixar de lado a súa preparación académica.

Inicio da tempada de piscina municipal 2023

A apertura da piscina municipal terá lugar o sábado 1 de xullo. Os bonos desconto só se poderán retirar nas oficinas municipais en horario de atención ao público.

O horario de apertura será de 15:00 h a 21:00 h, de martes a domingo. Os luns estará pechada para labores de mantemento e descanso do persoal.

En horario de mañá, ao igual que o ano pasado, a piscina estará unicamente a disposición d@s nen@s do Espazo Concilia como actividade complementaria.

I Carreira Popular da Festa do Viño de Barro

Este pasado domingo iniciouse a programación da Festa do Viño coa celebración da I Carreira Popular, unha primeira edición que rendeu unha merecida homenaxe ao atleta local Julio César Constenla.
Na proba participaron arredor de 180 participantes de todas as categorías.
Podes consular todas as fotos en https://www.facebook.com/media/set/?set=a.585185553749935&type=3 e os tempos da proba en https://www.galitiming.com/resultados.html

Iria Viqueira Cespón será a pregoeira da XLIV Festa do Viño de Barro

A XLIV Festa do Viño de Barro renderá homenaxe ao GGrupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibalde Barro no 40 aniversario da súa fundación, polo que a integrante en activo que máis veces vestíu o traxe tradicional terá a honra de ser a pregoeira da Festa.

Iria Viqueira, natural da parroquia de Curro, ten 37 anos, é profesora de educación infantil e leva formando parte do Grupo de Danzas Amor Ruibal desde os 6 anos.

O gran traballo que o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro leva facendo ao longo dos seus corenta anos de vida, coidando e divulgando a cultura tradicional, así como formando a tantos rapaces e rapazas de Barro é o motivo polo que o concello de Barro lle rende homenaxe nesta edición da Festa do viño de Barro.

Espazo de lecer-concilia 2023

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevneción da violencia de xénero “ESPAZOS DE LECER CONCILIA 2023”.

Este ano ofrécense un total de 146 prazas para os meses de xullo e agosto.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de xuño, ambos incluídos, nas oficinas municipais.

Xunto coa solicitude os interesados deberán entregar a seguinte documentación:

– DNI do solicitante e representante.

–  Libro de Familia.

– Tarxeta sanitaria do menor.

– Volante de empadroamento.

– Xustificante da situación laboral dos proxenitores / titores.

– Xustificante bancario de ingreso da cota.

 

DESCARGAS:

– SOLICITUDE (pincha aqui).

– AUTOLIQUIDACIÓN (pinche aqui).

– PREZO PUBLICO (pinche aqui).

– BANDO (Pinche aqui).

 

Mellora de accesos aos núcleos

A Xunta de Goberno local vén de aprobar adxudicación á empresa Covsa S.A. do proxecto de pavimentación nos lugares da Porriña e Mane de Arriba, por ser a mellor oferta presentada.

O orzamento deste proxecto é de 40.389,87 euros e será financiado con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.

Nova licenza de construción no polígono de Outeda

A Xunta de Goberno local vén de aprobar a licenza de construción solicitada pola empresa Distribuciones Moroño e Hijos S.L., para a construción dunha nave destinada á almacenaxe de produtos derivados da fariña, conxelados, alimentación e loxística.

Trátase dun grupo empresarial que distribúe produtos e materiais de panadería, confitería e hostelería en toda Galicia.

A nova nave levantarase na parcela E-11 cunha superficie total construída de 1.494 metros cadrados e conta cun orzamento de execución material total de 497.450 euros.

Restauración do cruceiro de Outeda

Remataron os traballos de execución do Proxecto de restauración e posta en valor do cruceiro de Outeda, que se atopaba nun mal estado de conservación e cuxa integridade corría perigo.

O proxecto contou cun orzamento de 13.375,60 euros, financiados cunha subveción da Deputación de Pontevedra para a Rehabilitación do patrimonio histórico-cultural e con fondos propios do concello, e a súa execución foi a cargo do especialista Juan Cabeza Quiles.

Nos traballos de desmontaxe foi atopada entre as pedras da base un torso dun Cristo que se atopa nestes momentos en estudo.