O Pleno de Barro dá o último paso administrativo para a cesión á Consellería da parcela do novo centro de saúde

Na noite do mércores celebrouse o primeiro Pleno ordinario deste mandato e que tivo como punto principal a aprobación do último paso administrativo para a cesión por parte do Concello de Barro á Consellería de Sanidade da parcela para a construción do novo Centro de Saúde.

Con este trámite, que foi aprobado cos votos a favor de BNG, PSOE e PP, e cos votos en contra de Xuntos, xa se poderá rexistrar a parcela a nome da Consellería de Sanidade, un paso fundamental para que a Xunta poida iniciar a construción da nova edificación.

A corporación tamén tivo seleccionar unha proposta para xuíza de paz substituta entre as dúas persoas que se presentaron. A proposta do goberno foi a da candidata que tiña un perfil académico máis axeitado ao posto e foi aprobada cos votos a favor de BNG, PSOE e PP, e coa abstención de Xuntos. Este é un traballo non remunerado e que se exercería unicamente no caso de que ocorrera algo que lle impedira exercer á xuíza de Paz titular.

Algúns datos da historia da Igrexa e da romaría de San Breixo

Estamos na semana previa á celebración da romaría de San Breixo, unha festividade relixiosa que congrega a milleiros de persoas no Concello de Barro. Esta romaría ten unha tradición que se remonta séculos atrás e aquí dámosche algúns datos históricos, algúns deles ben curiosos, que igual non coñecías.

Sabes algunha lenda distinta sobre esta igrexa ou esta romaría? Fáinola chegar!

Mellora do acceso ao núcleo de Ortigueira, na paroquia de Valiñas

O Goberno municipal elaborou un proxecto para a mellora do acceso ao lugar de Ortigueira, na parroquia de Valiñas.

A actuación consistirá na pavimentación e na ampliación do ancho da estrada, que permitirá un mellor acceso ao lugar, ao mesmo tempo que se mellora a seguridade.

O orzamento total do proxecto ascende a 56.035,49 euros e a actuación será executada pola empresa ORESA Construcción y Servicios Globales S.L., por ser a mellor oferta presentada.

Para o financiamento desta obra cóntase cunha subvención de 47.373 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do programa Plan Marco de mellora de camiños municipais. A cantidade restante finánciase con fondos propios municipais.

Romaría de San Breixo 2023

A vindeira fin de semana celébrase en Barro a romaría de San Breixo, unha das romarías con máis sona e tradición da contorna.

Festa infantil

Como cada ano volvemos ter festa infantil con colchonetas para distintas idades o xoves de San Breixo! 🥳

A Festa infantil será no campo da festa de San Breixo, e no caso dunha previsión metereolóxica adversa, trasladarase ao pavillón municipal.

OBRADOIRO DE MEMORIA 2023

Destinatarios/as: Persoas maiores de 65 anos..

Datas de celebración: Luns do 2 de outubro ao 27 de novembro de 2023.

Horario: De 17:00 a 18:30 horas.

Lugar de Celebración: Salón de Plenos do Concello de Barro.

Inscricións: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barro.

Para ver o carpel completo prema aquí

Comezan os traballos para implantar 500 luminarias LED máis en distintos lugares do Concello de Barro

Este luns deron comezo os traballos de execución do proxecto DUS 5000, co que se implantarán máis de 500 novas luminarias LED en distintos lugares do Concello de Barro.

Para este proxecto, no que se leva traballando máis dun ano, captáronse arredor de 260.000 euros de fondos europeos que está xestionando o propio concello e ao que se engadiron arredor de 30.000 euros das arcas municipais.

Con esta actuación, que está executando a empresa Terca S.L.U, pasarase a tecnoloxía LED de última xeración 513 luminarias do alumeado dos lugares Piñeiro (Valiñas), Mane, A Igrexa, Canai, Bretoña, A Estación e o San Amaro.

Volve as actividades de #ConBdeBarro

A actividade en Barro non se detén e este domingo teremos exibición de baile coa escola de baile “Plié Dance School”. Ás 18:00 h na Nave da Música.