CONCURSO CURTAS D-MEDO 2025.
🎬 Aberta a convocatoria para o Concurso Curtas D-MEDO 🎬
Un ano máis celebramos D-MEDO, un certame de curtametraxes consolidado ao longo dos anos como punto de encontro para novos talentos audiovisuais e para creadores/as xa en activo, tanto da contorna local como doutros lugares.
📝 O prazo para a presentación de obras está aberto ata o 24 de outubro.
Esta é a túa oportunidade para dar visibilidade ao teu traballo nun concurso que aposta pola creatividade, a orixinalidade e o cinema feito con paixón.
📍 Consulta as bases e información de participación no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello e Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0 , na OMIX de Barro ou na web barro.gal
DÁNDOLLE Á LINGUA. LABORATORIO DE TEATRO
CULTURA URBANA: obradoiros de Breakdance, Stencil e Rap.
Concurso Curtas D-Medo 2023
Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara!
Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.
Que precisas?
A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema.
E que hai en xogo?
Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce! 
ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 18/10/2023
1º premio: 200 €, 2º premio:100€, 3º premio: 70€.
Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h
DÁNDOLLE Á LINGUA 2023.
“DANDOLLE A LINGUA” Busca contribuír mediante a transmisión oral, a escrita, a musica, e a imaxe á formación de lazos interxeracionais entre os veciños/as do Concello de Barro e visitantes, uníndoos nun proxecto común.
PROGRAMA.
1.CONCURSO “AS VERBAS QUE CONTAN”, PROSA E VERSO EN GALEGO.
ENTREGA OBRAS: Prazo ata 03/05/2023
ACTO PÚBLICO DE LECTURA DAS OBRAS PREMIADAS E ENTREGA DE PREMIOS: 20 de maio ás 12:00 h Nave da música Barro.
2.CONCERTO. A GRAMOLA GOMINOLA
ACTUACIÓN: 15 de xuño, ás 20:00 h no Pazo da Crega.
3. LABORATORIO DE TEATRO: DESENVOLVE HABILIDADES DE COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN, GAÑA CONFIANZA, SÍNTETE MÁIS SEGURO DE TI MESMO
Día: martes, unha vez á semana.
Data: Comezamos o MARTES 19 DE SETEMBRO ata o MARTES 14 DE NOVEMBRO de 2023
Horario: 19:30h a 21:00 h
4. CONCURSO DE CURTAS.D-MEDO 2023
ENTREGA DAS OBRAS: Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 18/10/2023
– Premio categoría Xeral:
1º premio: 200 €, 2º premio:100€, 3º premio: 70€.
– Premio categoría D-Medo no IES: Vale de gasto 60€
– Premio do público: Vale de gasto 60€
PROXECCIÓN CURTAS 31/10/2023 a partir das 21:30h
Dándolle á lingua. Laboratorio de teatro.
Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai sete anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta é a terceira actividade de “Dándolle á lingua”.
No “Laboratorio de teatro” acadaredes as liñas básicas para crear unha atmosfera máxica e ideal para narrar e interpretar.
Exploraremos e potenciaremos as capacidades expresivas dos e das participantes, por medio de dinámicas e xogos, memorización e montaxe de pequenas escenas.
Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h
Cine ao aire libre. O que arde
O próximo sábado 12 de agosto, ás 22:00, no Pazo da Crega, non vos perdades a proxección do filme en galego e en formato de cinema de verán (en exterior, con gran pantalla) O que Arde, un filme multipremiado : Festival de Cannes: Un Certain Regard – Premio do xurado, Premios Goya: Mellor fotografía e actriz revelación. 4 nomeamentos, Festival de Mar do Prata: Mellor película e guion, Premios Feroz: 5 nomeamentos, incluíndo mellor película e director, Premios Forqué: Nomeada a Mellor película, Premios Gaudí: Mellor filme europeo e fotografía…
Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Rede de Dinamización Lingüística . Redecinema.






