Cine ao aire libre. O que arde

O próximo sábado 12 de agosto, ás 22:00, no Pazo da Crega, non vos perdades a proxección do filme en galego e en formato de cinema de verán (en exterior, con gran pantalla) O que Arde, un filme multipremiado : Festival de Cannes: Un Certain Regard – Premio do xurado, Premios Goya: Mellor fotografía e actriz revelación. 4 nomeamentos, Festival de Mar do Prata: Mellor película e guion, Premios Feroz: 5 nomeamentos, incluíndo mellor película e director, Premios Forqué: Nomeada a Mellor película,  Premios Gaudí: Mellor filme europeo e fotografía…

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Rede de Dinamización Lingüística . Redecinema.