Se che gusta o teatro, queres probar algo novo ou simplemente buscas unha experiencia diferente… este Laboratorio de Teatro é para ti
– Dirixido á mocidade (a partir da ESO) e persoas adultas
QUE IMOS FACER.
Durante 11 sesións prácticas (unha vez á semana, os martes), traballaremos:
-Expresión corporal e voz
– Improvisación e interpretación
– Creación colectiva dunha peza teatral
DATAS
E o mellor… todo o aprendido levarémolo ao escenario con 2 funcións finais:
📍 18 de decembro
📍 21 de decembro ás 20:00 h –
– Datas das sesións do LABORATORIO DE TEATRO 2026: do 6 de outubro ao 15 de decembro de 2026
– Sesións de 90 minutos, unha vez á semana
INSCRICIÓN:
Na OMIX de Barro, máis información no 690722812.
CONCURSO CURTAS D-MEDO 2026
Invitámoste a participar no concurso de curtametraxes Curtas D-Medo 2026!
Este ano hai cambios nas bases, aquí tes un resumo rápido:
Quen pode participar?
Individual ou en grupo (con autorizacións no caso de menores).
3 categorías:
-Trasnos (IES de Barro): alumnado de 1º a 4º da ESO.
-Tardos (afeccionados): maiores de 14 anos sen traxectoria profesional.
-Xacias (semiprofesional): maiores de 14 con experiencia audiovisual.
-Todas as curtas participan no Premio do Público (Santa Compaña).
Inscricións
A na OMIX de Barro ou en 📧 omix@barro.es
📅 Prazo: ata 23 de outubro de 2026
Como debe ser a curta?
Máximo 3 minutos (sen créditos).
En galego (audio e texto).
Podes gravar con móbil ou calquera dispositivo.
Permítese o uso puntual de IA para efectos visuais.
Ten que ser orixinal.
Importante
Respectar dereitos de imaxe e autoría.
Non se admiten contidos ofensivos ou ilegais.
Premios
-Xaizas (semiprofesional):
1º premio: 200 €
2º premio: 100 €
-Tardos (afeccionados):
1º premio: 100 €
2º premio: 50 €
– Trasnos (IES): Premio: 60 €
-Santa Compaña: Premio do público: 40 €
ESTREA: 31 de outubro no Pazo da Crega, coa proxección das curtas e entrega de premios.
BASES COMPLETAS: https://barro.sedelectronica.gal/preview-document/4eab81b3-d607-467a-816c-9905c011ee57/

