Publicacións

Renda básica de emancipación

En qué consiste? Os mozos e mozas entre 22 e 30 anos poderán recibir 210 euros mensuais para o pagamento do aluguer da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos e 600 euros de empréstimo que se poden utilizar para a fianza. Ao finalizar o contrato de aluguer ou cando deixe de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade. Se se precisa aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación. Que condicións hai que cumprir? Ter entre 22 e 30 anos. Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais. Isto inclúe aos traballadores por conta propia ou allea, aos bolseiros de investigación e aos perceptores de prestación de desemprego ou dunha pensión por incapacidade. Se os teus ingresos mensuais non superan os 1.500 euros netos, poderás acollerte á axuda. Tamén deberás acreditar unha vida laboral de alomenos 6 meses de antigüedade, inmediatamente anterior ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de...

Xornadas provinciais de fomento do asociacionismo xuvenil

Durante os meses de xaneiro e febreiro, realizaranse nas diferentes provincias galegas encontros entre o Director Xeral de Xuventude e Solidariedae e as asociacións para levar adiante unha sesión formativa sobre como elaborar e presentar proxectos axeitados para as ordes de subvencións da Dirección Xeral de XUventude e Solidariedade. CALENDARIO: 15, 16 e 17 de febreiro en Pontevedra (Albergue xuvenil As Sinas. Vilanova de Arousa) ESTRUTURA: Venres tarde: a partir das 19 horas. Encontro co Director Xeral: Claves da orde de subvencións 2008 e participación en programas europeos. Berto a todos os membros de asociacións xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude. Sábado, e domingo pola mañá: sesións fomrativas "elaborar e presentar proxectos axeitados". Poderán participar até 30 persoas de entidades de carácter xuvenil, asociacións xuvenís ou ptestadoras de servizos á xuventude en cada un dos cursos. En principio soamente un máximo de 2 persoas por entidade. No caso de non completa...

ENTRE MAREAS 2008

Entre mareas é un programa na procura do achegamento dos escolares galegos ao medio mariño do noso país, a través dunhas actividades encamiñadas ao coñecemento e a concienciación sobre a importancia da recuperación, conservación e mantemento do noso patrimonio marítimo. Estas actividades desenvolveranse en espazos protexidos e privilexiados das nosas costas, tanto en terra como no mar. Destinatarios: escolares de PRIMEIRO e SEGUNDO CICLO da ESO. Organización: Convoca e organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Colaboran: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Dirección Xeral de Turismo Consellería de Innovación e Industria Actividades: Datas e descrición: O programa Entre Mareas desenvolverase no Concello do Grove, nos meses de febreiro, marzo e abril do 2008, en xornadas dun día e de luns a venres Ofértanse dúas opcións: I. OPCIÓN A: Está orientada a escol...

PROBAS DE SELECCIÓN PARA VIXILANTES DE SEGURIDADE

Requisitos 1. Ser maior de idade e non cumprir os 55 anos 2. Ser español ou nacional dun estado membro da UE 3. Título de Graduado Escolar, ESO, FP I ou equivalente ou superior. 4. Posuír a aptitude física e psíquica necesaria para o exercicio das funcións de vixiante de seguridade e reunir os requisitos necesarios para prestar servizos de seguridade privada 5. Carecer de antecedentes penais. 6. Posuír diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos correspondentes nos centros de seguridade privada autorizados pola Secretaría de Estado de Seguridade. PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1ª Convocatoria: Ata o 15 de xaneiro de 2008 2ª Convocatoria: Do 11 de febreiro ao 20 de febreiro de 2008. 3ª Convocatoria: Do 10 ao 19 de marzo de 2008. 4º Convocatoria: Do 21 ao 30 de abril de 2008. 5ª Convocatoria: Do 26 de maio ao 4 de xuño de 2008 6ª Convocatoria: Do 1 ao 10 de setembro de 2008. 7ª Convocatoria: Do 6 ao 15 de outubro de 2008. CONVOCATORIA NO BOE DO 5 DE XANEIRO...

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR CURSO 2008/9

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 21 ao 31 de xaneiro de 2008, ambos os dous incluídos LUGARES DE INSCRICIÓN : en calquera dos IES e dos CIFP onde se imparta FP DATA REALIZACIÓN DA PROBA : 18 de abril de 2008 Publicación: DOG 03/01/2008