B A N D O O Señor Alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, LEMBRA que o 31 de maio remata o prazo establecido pola lei 3/2007 do 9 de abril, da Xunta de Galicia, de prevención e defensa contra os incendios forestais, que decreta que os titulares de terreos forestais teñen a obriga de realizar unha correcta limpeza das parcelas máis próximas aos núcleos habitados e outras instalacións. Segundo a lexislación vixente os responsables da gestión da biomasa meses ámbitos son os propietarios dos terreos, polo que a non actuación sobre estes pode traer consigo sancións económicas por parte da Xunta de Galicia.
Servizo de Atención Temperá Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 “O FSE inviste no teu futuro” SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
BASES BASES PARA A CAMPAÑA DE PRIMAVERA EN APOIO AO COMERCIO LOCAL DE BARRO “En abril, premios mil” – Rasca e gaña A Concellería de Promoción económica, xuventude e Turismo do Concello de Barro organiza unha Campaña de primavera de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Barro, e axudar e contribuír ao desenvolvemento económico e social e dinamizador do noso concello. As compras realizadas no comercio local de Barro reciben unha atención máis personalizada e adecuada ás necesidades de cada cidadán, garantíndolles unha maior calidade e confianza que outros sectores non prestan deste xeito, de aí a obriga de incentivar as vendas como impulsor da economía local e dinamización de sinerxias produtivas de consumo racional. OBXECTO Estas bases establ&e...
ENTROIDO NA CASA BASES I CONCURSO DE DISFRACES EN LIÑA CONVOCATORIA O Concello de Barro, con motivo do Entroido 2021, convoca un concurso de disfraces para persoas empadroadas no Concello de Barro, establecendo dúas categorías: individual e grupos convivintes. TEMA Entroido na casa. PARTICIPANTES As persoas que queiran participar neste concurso enviarán as fotografías dos seus disfraces ao correo electrónico omix@barro.gal desde o xoves 11 de febreiro até o mércores 17 ás 12:00 da mañá. A dinámica do concurso é moi sinxela. Elixirase mellor disfrace ao que leve mais “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” na fotografía que estará colgada na páxina Facebook da ÓMIX de Barro. Importante: Para poder colgar as fotos nas redes, xunto coa fotografía, tamén enviaredes a ficha de inscric...
PROXECTO: MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE CAMIÑOS RURAIS EN FAXIL E CANCELA PROMOTOR: CONCELLO DE BARRO INVESTIMENTO: 38.926,91€ IMPORTE DA AXUDA: 32.171,00 € Medida 2.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.