Programa “+BENESTAR” 2025 – Deputación de Pontevedra.

A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellorar a calidade de vida e envellecemento activo. No Programa ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Establecementos: GRAN TALASO HOTEL SANXENXO 4* (SANXENXO), HOTEL CARLOS I SILGAR 4* (SANXENXO), HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA 4* (LALÍN), HOTEL SPA GALATEA 4* (PORTONOVO, SANXENXO), HOTEL NOVO ASTUR & SPA 3* (VILALONGA, SANXENXO), BALNEARIO DE MONDARIZ 4* (MONDARIZ-BALNEARIO) e TALASO HOTEL LOUXO LA TOJA 4* (ILLA DA TOXA, O GROVE).

Requisitos: Establecidos nas bases publicadas no BOPPO núm. 92, de 16 de maio de 2025:

– Estar empadroadas na provincia de Pontevedra

– Ter 55 anos ou máis

– No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:

  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.

– Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.

– Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

De acordo co establecido na base sexta da convocatoria, os importes a subvencionar pola Deputación viran dados polas condicións de cada solicitante, de forma individual. O Concello subvencionará 10,00 € por praza.

Os interesados/as deberán acudir ó Departamento de Servizos Sociais provistos do DNI e certificado da pensión si é o caso.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CONCELLO: ata o 6 de XUÑO de 2025.  

  • Para acceder ao ANUNCIO do Concello de Barro prema aquí.
  • Para acceder ao diptico da Deputación de Pontevedra, prema aquí.

OBRADOIRO GRATUITO PARA FAMILIAS ” Prevención de alteracións da alimentación en nenos, nenas e adolescentes dende o ámbito familiar”.

O Concello de Barro a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, realizará o mércores 2 de abril un Taller en liña de prevención de condutas alimentarias de risco no ámbito familiar. Alimentándonos de saúde. Co que informar e dar ferramentas as familias para a xestión da adolescencia, aumentar o seu coñecemento sobre as condutas de risco, e  promover unha mellor educación nutricional e alimentaria coa que previr Trastornos da conduta alimentaria entre  as súas crianzas.

A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de asociacións familiares).

ANIMÁDEVOS! A vosa presenza é moi importante.

Onde? En liña

Cando? 2 abril de 18:30 a 20:00

 Inscrición? Clicando no cartel en “INSCRÍBETE”. Posterior envío acceso ao Taller (Zoom).

ATENCIÓN TEMPERÁ BARRO

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

As persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán  (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 21 de xuño (San Xoán) e ata o día 27 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación no Rexistro do Concello ou a través de instancia xenérica en https://barro.sedelectronica.gal/ .

Deberán terse en conta as seguintes normas:

-As fogueiras non poderán iniciarse antes das 0:00 horas da noite de San Xoán ou San Pedro e terán que estar totalmente rematadas ás 4:00 horas.

-A montaxe das fogueiras deberá realizarse en lugares despexados.

– A fogueira non superará unha altura superior a 2 metros e un diámetro de 3 metros (no caso das realizadas en terreos particulares), e unha altura de 3 metros e un diámetro de 4 metros (no caso das realizadas na vía pública).

– So se queimará material combustible sólido, quedando expresamente prohibida a queima de neumáticos, gomaespumas, plásticos, aerosoles de calquera clase, ou calquera outro tipo de residuo inflamable.

-As persoas organizadoras ou responsables das fogueiras, deberán ser maiores de idade, sendo responsables da súa total e correcta extinción, coidando de que ao remate da mesma as cinzas queden totalmente apagadas.

-Con exceso de vento queda prohibido prender fogueiras.

– No suposto de que o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) sexa moi alto ou extremo o día de celebración, quedara totalmente prohibida a realización das fogueiras previamente comunicadas ou autorizadas.

Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para que faga un correcto cumprimento das normas.

TRATAMENTOS PSICOLÓXICOS E FARMACOLÓXICOS para deixar de fumar.

Seguindo coa conmemoración do Día Mundial sen tabaco (31 de Maio) e coa aposta do Concello de Barro pola redución do tabaquismo entre a súa poboación, así como a promoción de hábitos saudables. Dende o Concello realizarase o 12 de xuño unha  Xornada informativa sobre TRATAMENTOS PSICOLÓXICOS E FARMACOLÓXICOS eficaces para deixar de fumar. Na que ao longo de hora e media se darán directrices e  ferramentas claras e sinxelas que facilitarán o proceso de abandono do consumo de tabaco. Animamos a toda a poboación fumadora de Barro a inscribirse e asistir á mesma.

Inscripción: Departamento prevención das condutas adictivas: 986595922

                      Servicios Sociais Concello: 986617227

Para acceder ao cartaz prema aqui.

XOVENES SEN TABACO, non te deixes atrapar.

Hoxe, 31 de maio, conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos asociados ao tabaquismo; tanto para a saúde, como noutros ámbitos,e avogar por políticas eficaces para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o seu abandono entre as persoas fumadoras.

Resaltamos o lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2024, que se centra na protección da xuventude, demandando que a industria do tabaco cese de dirixirse a este grupo con produtos nocivos para a saúde, utilizando como lema:

“PROTEXE AOS NENOS DA INTERFERENCIA DA INDUSTRIA TABAQUEIRA”

Para ver o cartel prema aquí.

Para acceder ao manifesto do Día sen tabaco 2024 prema aquí.

Curso gratuito de ENSINO DE NOVAS TECNOLOXÍAS. OS NOS@S MAIORES MELLOR ACOMPAÑAD@s.

Ensino de Novas Tecnoloxías:

  • Máquina de quendas de concellos e Centros de Saúde.
  • Caixeiro automático.
  • Teléfono móbil.
  • App móbil do Sergas.

Datas: Lúns 22, 29 de abril e 6, 13 de maio de 2024 de 10:00 a 12:30 h.

Lugar: Salón de sesións da Casa do Concello de Barro.

Inscripcións ata o 19 de abril de 2024 no Departamento de Servizos Sociais de Barro.

Para descargar o cartel prema AQUI.

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Hoxe, 7 de abril, conmemórase o DÍA Mundial da Saúde. Este ano 2024, a Organización Mundial da Saúde (OMS), centra as reivindicacións no lema “A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO”, como forma de sensibilizar á poboación sobre a ameaza para a saúde que supoñen os conflitos bélicos.

Dende o Concello de……. (Proxecto de prevención das condutas adictivas) sumámonos á OMS para reivindicar a importancia da saúde e da asistencia médica universal. Para iso, convidamos á poboación de……a ler o Manifesto do Día Mundial da saúde que se adxunta nesta entrada, así como a participar no xogo “Canto sabes sobre a saúde?”, baseado no famoso programa de televisión PASAPALABRA, co que poder reflexionar e recordar hábitos e estilos de vida saudables.

Xogo

Para ver o manifesto prema aqui.

Para imprimir o cartel prema aqui.

LIMPEZA DE PARCELAS E XESTIÓN DAS FRANXAS DE PROTECCIÓN

Para dar cumprimento á Lei 3/2007 de 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia,  as persoas ou entidades propietarias de parcelas deben mantelas limpas e xestionar correctamente a biomasa das franxas de protección antes do día 31 de maio do 2024:

  • As parcelas lindantes con solo de núcleo rural ou urbano, solo urbanizable, edificacións ou vivendas illadas, gasolineiras, parques e instalacións industriais deben manter limpa unha franxa de 50 metros medidos desde o límite do solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable;  medidos desde a parede exterior das edificacións ou medidos desde os límites da propiedade no caso de gasolineiras ou instalacións e parques industriais.

Nesta franxa de 50 metros non poderá haber especies pirófilas (piñeiros, eucaliptos, acacias, mimosas, etc.) e as árbores frondosas caducifolias (castiñeiros, carballos, freixos, etc.) deberán separse 7 metros entre si, medidas de pé a pé.

Estas parcelas tamén deberán manter unha franxa de 15 metros na que tampouco poderá haber ningunha especie frondosa caducifolia.

  • As parcelas que estremen con estradas e vías non poderán ter nunha franxa de 10 metros especies pirófilas e nunha franxa de 4 metros especies frondosas cadudifolias.
  • Todas as parcelas deberán estar limpas de maleza (silvas, toxos, fentos, etc.), incluíndo aquelas parcelas que se atopen dentro de núcleo rural, urbano ou urbanizable.

De non se cumprir estas medidas contempladas na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia da Xunta de Galicia, a partir do 1 de xuño do 2024 a administración poderá impor sancións coercitivas ou abrir un expediente sancionador e executar subsidiariamente os traballos repercutíndolle o custo ás persoas ou entidades propietarias das parcelas.

Para imprimir o Bando prema AQUI.