PROGRAMA  “+BENESTAR”  2026

A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellorar a calidade de vida e envellecemento activo. No Programa ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Establecementos: GRAN TALASO HOTEL SANXENXO 4* (SANXENXO), HOTEL CARLOS I SILGAR 4* (SANXENXO), HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA 4* (LALÍN), HOTEL SPA GALATEA 4* (PORTONOVO, SANXENXO), HOTEL NOVO ASTUR & SPA 3* (VILALONGA, SANXENXO), HOTEL NORAT MARINA AND SPA 4* SUPERIOR (O GROVE), HOTEL SPA NORAT O GROVE 3* SUPERIOR (O GROVE)  e TALASO HOTEL LOUXO LA TOJA 4* (ILLA DA TOXA, O GROVE).

Requisitos: Establecidos nas bases (BOPPO 35  de 20/02/2026):

– Estar empadroadas na provincia de Pontevedra.

– Ter 55 anos ou máis.

– Para persoas menores de 55 anos, deberán concorrer nelas algunha das seguintes:

  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outros.
  • Ter recoñecido pola Xunta que o demandante é a persoa coidadora dunha persoa dependente, ou no seu defecto ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.

– Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.

– Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

De acordo co establecido na base sexta da convocatoria, os importes a subvencionar pola Deputación viran dados polas condicións de cada solicitante, de forma individual. O Concello subvencionará 10,00 por praza.

Os interesados/as deberán acudir ó Departamento de Servizos Sociais provistos do DNI e certificado da pensión si é o caso.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CONCELLO: ata o 12 de MARZO de 2026.                      

Para acceder ao anuncio prema aqui.

(PLAN MÁIS PROVINCIA) 2025 (Liña 3) Activación do Emprego

NOTA INFORMATIVA

O Concello de Barro foi beneficiario dunha axuda da Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación de 7 traballadores dentro do Plan de Obras e Servizos de competencia Municipal (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2025 (Liña 3) Activación do Emprego, destinada á contratación dun conductor, un peón de transporte e 5 peóns de parques e xardíns.

LIÑA 1: PROXECTOS DE IMPLANTACIÓN, AMPLIACIÓN OU MELLORA DA RECOLLIDA SEPARADA DE BIORRESIDUOS DESTINADOS A INSTALACIÓNS ESPECÍFICAS DE TRATAMIENTO BIOLÓXICO (COMPOSTAXE E/OU DIXESTIÓN ANAEROBIA).

MT975T – Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuación en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia.

ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975T).

Para descargar o cartel prema aquí.

ALCOL, CANTO É MOITO? – 15 de novembro de 2025, DÍA MUNDIAL SEN ALCOL.

O 15 de Novembro, o Concello de Barro súmase, un ano máis,  á conmemoración do Día mundial sen alcol coa campaña ALCOL, CANTO É MOITO?, campaña preventiva iniciada o pasado 15N de 2024.  Con ela preténdese favorecer a reflexión da poboación de Barro sobre os niveis de consumo de alcol, e sobre as serias repercusións que dito consumo ten na saúde física, mental e social das persoas.

Por iso, convídase á poboación a realizar o seguinte CUESTIONARIO para valorar o tipo de consumo de alcol que realizan, e os riscos asociados ao mesmo. Animando a aquelas persoas con consumos de alcol de risco ou nocivo a  solicitar asesoramento, orientación ou axuda clínica que lles permita reducir e/ou eliminar o consumo de alcol (clica no seguinte texto).

#ALCOL CANTO É MOITO?

LÍMITE MÁXIMO DE CONSUMO DIARIO
MULLERES2 ube
HOMES3 UBE
condución, embarazo, menores 18 anos0 UBE
1 ube= 10 g de alcol (uNIDADE DE BEBIDA ESTANDAR) Cervexa= 1UBE/ VIÑO= 1UBE/COMBINADOS=2UBE/CHUPITOS=2UBE

Para aceder ao cartaz prema aquí.

LIÑA 2. PROXECTOS DE SEPARACIÓN E RECICLAXE EN ORIXE DE BIORRESIDUOS MEDIANTE A SÚA COMPOSTAXE DOMÉSTICA OU COMUNITARIA(COMPOSTAXE IN SITU).

Actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.

Orde do 17 de Decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladores para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e textiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 procedemento MT975T).

Para descargar o cartel prema aquí.

ATENCIÓN TEMPERÁ

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea polo Programa FSE+ Galicia 2021- 2027”

O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.

O resultado que se pretende acadar é facilitar a  inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.

Para descargar o cartaz prema aqui.

Día Mundial da Saúde Mental 2025

Hoxe 10 de outubro, dende o Concello de BARRO queremos sumarnos á conmemoración do DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL. Este ano 2025 o seu lema céntrase na vulnerabilidade individual como denominador común da saúde mental.

“Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental”

Con este lema invítase a recoñecer que todas as persoas, en diferentes momentos da nosa vida, podemos atravesar dificultades emocionais e problemas de saúde mental. Polo que é imprescindible visibilizar esta realidade para afrontar esas situacións dende  a empatía social, a responsabilidade afectiva e coa capacidade das propias persoas de pedir axuda como acto de resiliencia. Creando así, sociedades máis xustas, inclusivas e coidadoras que favorecen a contrución da saúde mental.

Se quere descargar o cartaz en horizontal prema aquí.

Se quere descargar o cartaz en vertical prema aquí.

OBRADOIRO DE MEMORIA

Obradoiro destinado a persoas maiores de 65 anos que se desenvolverá na Casa do Concello de Barro tódolos luns de 17:00 a 18:30 horas, do 6 de outubro ao 24 de novembro de 2025.

Prazas limitadas: 25.

A inscrición realizaráse a partires do 8 de setembro, por orde rigurosa de entrada e ata completar o aforo.

  • Se quere acceder ao cartaz, prema aqui.
  • Se quere acceder ao modelo de solicitude, prema aqui.

EXCURSIÓN Ó PARQUE WARNER (Madrid).

Data: xovés 28 de agosto de 2025.

Hora e lugar de saida:4:00 horas da explanada do Pazo da Crega.

Prazas: 65.

Data límite para inscrición: 26 de agosto de 2025 ás 12:00 horas.

O Concello de Barro, a través da Concellería de Benestar, colabora coa viaxe en autobús, seguro de viaxe e xentión das entradas.

Para descargar o cartaz en pdf prema aquí.

Para descargar á solicitude de inscrición prema aquí.