Comeza a conta atrás para que poidamos gozar da nosa gran festa, que este ano será o 13, 14, 15 e 16 de xuño.
Nos vindeiros días daremos a coñezar toda a programación.
Arranxo do Camiño vello do San Amaro
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o proxecto para a mellora e acondicionamentodo do Camiño vello do San Amaro á empresa E.C. Casas, por ser a mellor oferta presentada.
Con este proxecto, unha vez que xa están conseguidos todos os permisos sectoriais, levarase a cabo a recollida das augas pluviais e a pavimentación do mesmo. Está previsto que os traballos comecen nos vindeiros días.
O orzamento para esta obra é de 30.257,79 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.
Asambleas parroquiais 2024
Rematan os traballos de posta en valor da capela do San Marco
Remataron os traballos de adecuación, mellora e posta en valor da capela do San Marco, capela que é propiedade do Concello e que está dentro dos terreos do Pazo da Crega.
Con esta última intervención realizouse a renovación da instalación eléctrica, elimináronse as filtracións de auga das paredes e realizouse un minucioso traballo de limpeza da pedra.
O importe total deste proxecto ascendeu a 24.123,12 euros, dos cales foron sufradas a cargo dunha subvención da Deputación Pontevedra para melloras do patrimonio un total de 11.655,94 euros.
Como xestionar os residuos voluminosos en Barro
Acordo de colaboración entre o concello de Barro e a Fundación Xoán XXIII
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o Director Xerente da Fundación Xoán XXII, Diego Chapela, subscribiron na mañá de hoxe un acordo de colaboración entre ambas entidades, a través do cal o Concello de Barro contribuirá a que a Fundación poida seguir adiante co seu labor social.
A Fundación Xoán XXIII é unha entidade sen ánimo de lucro que leva máis de 50 anos traballando pola inserción sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade psicosocial.
Coa sinatura deste contrato a Fundación farase cargo durante todo o ano do mantemento de todas as zonas verdes do parque da natureza das Fervenzas de Barosa coas persoas que traballan e forman na Fundación.
Recuperación do lavadoiro de Mane de Arriba
Remataron os traballos de reparación, limpeza, acondicionamento e posta en valor da fonte e do lavadoiro do lugar de Mane de Arriba, na parroquia de Barro. O obxectivo era a recuperación e o adecentamento tanto do lavadoiro como do seu entorno.
Esta obra foi executada pola empresa Transportes e Canteria Antonio S.L., dentro do proxecto de ampliación de viais e de accesos ao lugar de Mane de Arriba.
Nos vindeiros meses iniciarán os traballos de pavimentación no lugar.
Actividades de prevención de condutas aditivas
Desde o Concello de Barro séguese apostando, un ano máis, pola promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas. É por iso que, dentro do Proxecto de prevención das condutas aditivas de Barro, ao longo deste 2º trimestre escolar acábanse de realizar varios Obradoiros de prevención destinados ao alumnado da E.S.O do IES de Barro; a través dos cales se pretendeu reforzar factores de protección entre a nosa xuventude (autoestima, xestión emocional, habilidades sociais, xestión da presión grupal, mitos e riscos das drogas, e uso saudable e responsable das TIC), que reducirán a probabilidade de que desenvolvan unha futura conduta aditiva.