👨🏼‍🏭 Plan Integrado de Emprego (PIE)

Unha ano máis, os concellos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas apostan conxuntmente polo Plan Integrado de Emprego como mellor forma para axudar á persoas desempregadas a formarse e mellorar as súas habilidades para incorporarse ao mundo laboral.

🗣️ Este proxecto conta, ademais, cun asesoramento laboral individualizado para cada participante, co obxectivo de axudar á inserción laboral

O PIE combina distintas actividades formativas con prácticas en empresas da contorna. As actividades previstas para esta edición e entre as que os/as participantes poden seleccionar as que prefiren son:

✅ Actividades básicas de loxística de almacén as de loxística de almacén
✅ Técnicas de venda en froitería, peixería e en carnizaría-chacinaría
✅ Operativa de Caixa-terminal punto de venda
✅ Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional traballo en equipo
✅ Técnicas de busca de emprgo eficaz
✅ PRL para o manexo de desbrozadora e motoserra
✅ MS WORD 2016 avanzado
✅ MS EXCEL 2016 avanzado
✅ Informática básica
✅ Condución de carretillas elevadoras

🎓 Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia ás diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos para facilitar a conciliación das persoas participantes no programa, ademais de contar cos centros e servizos propios dos concello.

ℹ️ As persoas interesadas poden poñerse en contacto no teléfono 986 54 87 08

Formación sobre o alzheimer e outras doenzas

O martes 29 outubro de 16-20h, AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias do Salnés) vai impartir no Salón de Plenos do Concello de Barro unha sesión informativa sobre Alzheimer e outras demencias, dirixida principalmente a coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, pero tamén a persoas diagnosticadas en fase moi temperá así como a calquera persoa interesada na temática.

As demencias teñen unha alta prevalencia (estímase que afectan ao 31,25% das persoas que superan os 85 anos), especialmente en Galicia, cunha poboación altamente envellecida. Ademais, o contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece a enfermidade, senón tamén a todo o núcleo familiar.

Por este motivo ponse a disposición das persoas afectadas esta formación gratuíta, que será impartida por unha psicóloga e unha traballadora social especializadas na temática. O obxectivo é formar, orientar e axudar a persoas que se atopen nesta situación, achegando coñecementos e recursos para poder afrontar mellor a enfermidade e mellorar a calidade de vida da persoa con demencia e da súa familia.

Incidencias provocadas polo temporal Kirk

⚠️ Atención:

O temporal provocou a caída de varios paneis laterais do pavillón de Curro. É importante non pasar polas inmediacións do mesmo mentres non se calma o vento, polo que procederemos a cortar a estrada..

📞 Prégase a máxima prudencia na circulación polas estradas e que se comunique nas oficinas do concello calquera incidente 986711002.

As obras da nova estrada de conexión entre Valbón e o Santo Antoniño entran na súa recta final

O alcalde de Barro, Fernández Abraldes, e o concelleiro de Obras de accesos a núcleos e de Seguridade viaria, Iván Bello, supervisaron os traballos de execución do proxecto co que o concello está creando unha nova conexión ao lugar de Valbón desde o núcleo de Santo Antoniño. O obxectivo deste proxecto é o de mellorar a comunicación entre o núcleo do Santo Antoniño con esta parte do concello e coa parroquia de Agudelo.

Con esta actuación, construirase unha nova estrada desde a rotonda da rúa do Pazo até o entronque co Camiño de Santiago, unha nova vía de comunicación que quedará totalmente urbanizada, con alumeado, con sendas peonís e con dous carrís de circulación.

Esta actuación tamén servirá para conectar o saneamento de augas residuais das vivendas do lugar de Valbón, polo que o concello xa ten adxudicado un novo proxecto para levar o saneamento a todo o lugar de Valbón e darlle saída a través deste nova conexión a través da ponte nova.

O proxecto conta cun orzamento de 174.986,82 euros, financiado con cargo á liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A empresa que está a executar os traballos é Construcións Vale S.L.

Festa infantil de San Breixo

📍 CAMBIO DE LOCLAIZACIÓN
A tradicional Festa infantil de San Breixo, por mor das previsións de choiva, vaise celebrar no pavillón municipal e non no campo da festa de San Breixo como estaba anunciado inicialmente.

Festa infantil por San Breixo 2024

Como cada ano na véspera do festivo de San Breixo as cativas e cativos teñen unha festa para elas/es!

📍 Campo da festa de San Breixo

(No caso de posibilidade de choiva farase no pavillón municipal de Santo Antoniño)

Toponimízate chega ao Concello de Barro da man da RAG

Este venres 27 de setembro #Toponimízate chega ao Concello de Barro cunha nova charla sobre como usardes a aplicación #GaliciaNomeada para serdes partícipes da conservación e xeorreferenciación dos nomes das leiras, montes, soutos e outros microtopónimos. Todos eles fan de Galicia un lugar excepcionalmente rico nun patrimonio inmaterial que temos a obriga de preservar.

Agardámosvos ás 20:00 horas na Casa do Concello de Barro. A sesión correrá a cargo do coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG, Vicente Feijoo.