

O Concello de Barro ten habilitado un servizo de recollida de residuos voluminosos porta a porta de forma totalmente gratuíta.
Debes ter presente que abandonar residuos a carón dos colectores de lixo ou en calquera outra localización está prohibido e que a persoa que o faga enfróntaste a posibles sancións por delito medioambiental. Para poder facer uso del só tes que chamar ás oficinas municipais.
Lembra que os cascallos e entullos procedentes de obras deben ser tratados por empresas autorizadas e a súa correcta xestión é responsabilade dos promotores da obra.

Curso gratuíto de introdución ao Kickboxing, un deporte de contacto, para menores de 16 anos.
O curso levarase a cabo no mes de agosto e terá lugar no pavillón municipal de Santo Antoniño. Os horarios variarán en función das idades e das categorías.
Se tes interese podes ampliar máis información no teléfono 683 626 716.

O Concello de Barro está apostando moi forte pola renovación e modernización da súa rede de alumeado público, co obxectivo de conseguir un mellor servizo e de abaratar o enorme gasto que supón a electricidade para as arcas municipais.
Ata o momento a entidade municipal xestionou distintos proxectos que permitiron a implantación de tecnoloxía LED en arredor de 650 luminarias e neste momento vén de adxudicar un novo contrato que permitirá a renovación doutras 513, co que acadará a cifra de 1.156 luminarias este mesmo verán.
Este novo proxecto vaise executar no lugar de Bretoña e en varios lugares das parroquias da Portela, Perdecanai, Valiñas e Barro. O custo do mesmo será de 239.593,31 euros, que se financiarán con fondos europeos Next Generation captados polo concello a través do programa DUS 5000.
O Alcalde, Xosé Manuel Fernández Lores, recibiu no concello a José Manuel Mosquera Cordo, que vén de entrar na xubilación despois de 42 anos de traballo no Xulgado de Paz.
Abraldes aproveitou o encontro para desexarlle saúde e a mellor das sortes nesta nova etapa vital que se lle abre e entregoulle un detalle en recordo dos seus anos de traballo no Xulgado.

Comezou a execución do proxecto IDAE 2, que consistirá na substitución de 400 luminarias das antigas por luminarias de nova tecnoloxía LED, de menor consumo e mellor iluminación.
Con este proxecto substituiranse as luminarias do Santo Antoniño, do Polígono de Outeda, da estrada PO-531 e do lugar da Fonte de Curro.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu na Alcaldía a Silvia Gago García e a Foz Rea Tilve, dous deportistas que veñen de facer un grandísimo traballo nas súas disciplinas e que son, sen dúbida, un exemplo de traballo e constancia.
Silvia Gago é piragüista e vén de quedar subcampioa da Copa de España nas categorías de C-1 500 e C-2 500 nunha proba celebrada en Verducido, e foi a campioa galega de C-2 500 e C-2 3000 nos campionatos de Verducido e Muíños. Fiz Rea practica Kick Boxing e vén de proclamarse nada máis e nada menos que campión de España na súa categoría.
O alcalde desexoulles moitos éxitos e moitas ganas de seguir loitando e perseguindo os seus soños, pero desde logo sen deixar de lado a súa preparación académica.
A apertura da piscina municipal terá lugar o sábado 1 de xullo. Os bonos desconto só se poderán retirar nas oficinas municipais en horario de atención ao público.
O horario de apertura será de 15:00 h a 21:00 h, de martes a domingo. Os luns estará pechada para labores de mantemento e descanso do persoal.
En horario de mañá, ao igual que o ano pasado, a piscina estará unicamente a disposición d@s nen@s do Espazo Concilia como actividade complementaria.

Este pasado domingo iniciouse a programación da Festa do Viño coa celebración da I Carreira Popular, unha primeira edición que rendeu unha merecida homenaxe ao atleta local Julio César Constenla.
Na proba participaron arredor de 180 participantes de todas as categorías.
Podes consular todas as fotos en https://www.facebook.com/media/set/?set=a.585185553749935&type=3 e os tempos da proba en https://www.galitiming.com/resultados.html