Grupo de Danzas “Amor Ruibal” de Barro – 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 2023

🤝 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, renovou coa Presidenta do Grupo de Danzas Amor Ruibal , Belén Búa, un convenio de colaboración entre ambas entidades para o presente ano. O concello aportará 3.000 euros para axudar ao seu financiamento e poder continuar co seu labor de preservación e divulgación da nosa cultura tradicional ao mesmo tempo que fan un labor formativo de nenas e nenos.

As representantes do Grupo de danzas transladáronlle ao alcalde a intención de organizar un evento con motivo do 40 aniversario da fundación da entidade, a asociación decana de Barro.

O alcalde transmitiu o apoio e colaboración do concello de cara a celebrar esta fermosa efeméride

Acto institucional – 8M

🟣💜 𝟖𝐌: 𝐃𝐢́𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫

Alba Pereiras Martínez, Seila Torres Landín e Ana Angueira Vázquez puxéronlle voz hoxe en Barro a moitos dos problemas e dificultades que se encontran as mulleres no seu día a día e nas súas carreiras profesionais e puxeron voz a todo o traballo que aínda queda por diante para conseguir unha sociedade verdadeiramente igualitaria e xusta.

Moitas grazas á veciña e xornalista Chus Gómez Dorrego por conducir este emotivo e reivindicativo acto dunha forma tan maravillosa.

🟣 Por unha defensa real da igualdade o #8M e todos os 365 días do ano.

Plan de emprego 2023

👷🏻‍♀️🚧 𝗣𝗹𝗮𝗻 𝗱𝗲 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟯

Para o proceso de selección o concello de Barro solicita os/as distintos/as candidatos/as á Oficina de emprego, que deberán estar anotados/as nas distintas categorías

Acto institucional 8M 2023

Alba Pereiras, Seila Torres e Ana Angueira contarannos as súas experiencias vitais e profesionais, así como os problemas e dificultades que se encontran e encontraron como mulleres no seu día a día e nas súas carreiras profesionais.

O acto estará conducido pola xornalista Chus Gómez Dorrego

IV Festival de murgas

👩🏻‍🎤 𝗜𝗩 𝗖𝗲𝗿𝘁𝗮𝗺𝗲 𝗱𝗲 𝗺𝘂𝗿𝗴𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

Este sábado rematará a programación de entroido por todo o alto co IV Certame de murgas. A entrada é libre ata completar o aforo.

🎶 Contaremos coa presenza de tres espectaculares murgas:

▪️𝘖𝘴 𝘥𝘰 𝘝𝘢𝘭 𝘥𝘰 𝘓𝘦́𝘳𝘦𝘻 (🥈gañadores do Certame de Murgas de Pontevedra)

▪️ 𝘌𝘭 𝘦𝘲𝘶𝘪𝘱𝘰 𝘑𝘢 (🥇segundos no Certame de Murgas de Pontevedra)

▪️ 𝘔𝘶𝘳𝘨𝘢 𝘥𝘰 𝘕𝘢𝘷𝘦𝘪𝘳𝘰

Exposición

XUVENTUDE ILUSTRADA.

A partir de mañá sábado día 18 de febreiro podedes pasar polo salón de actos da biblioteca pública de Barro, para visitar a exposición XUVENTUDE ILUSTRADA.
Con esta exposición buscamos difundir, reivindicar a presencia da ilustración, empregando un espazo público e de proximidade para dar visibilidade ás inquietudes artísticas da xuventude de Barro.

Día da muller na ciencia 2023 – Laura Busto Leis

Laura Busto Leis (Barro, 1991) especialista en Uroloxía no hopsital universitario Donostia pasará a formar parte da #GaleríaDeMulleresNaCiencia de Barro.

No día internacional da muller na ciencia queremos recoñecer o traballo de Laura dentro do campo da medicina e que o seu exemplo poida servir para outras mozas do noso concello a acadar os seus soños no mundo da ciencia.

Igual que nas pasadas edicións a artista de Barro, Aroa Outón será a encargada de facer o retrato que pasará engrosar esta lista de mulleres adicadas a diversos campos da ciencia.

Moitos parabéns Laura pola túa traxectoria profesional que é todo un orgullo para nós.

Sinatura do convenio para a construcción do novo centro de Saúde de Barro

✍🏻 𝗦𝗶𝗻𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘀𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

🫱🏻‍🫲🏼 Esta mañá o Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, e o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, procederon á sinatura do convenio a través do cal a Xunta executará as obras de construción do novo centro de saúde de Barro. No acto de sinatura tamén participaron o Concelleiro de obras local, Iván Bello Ferreiro, o Delegado territorial da Xunta de Galicia, Luís López Diéguez, e o Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-salnés, José Flórez Arias.

👩🏽‍⚕️ O novo centro de saúde de Barro contará cunha superficie total de 800 m2, fronte aos 320 m2 cos que conta o centro actual, e estará dotado de 4 consultas de adultos, 1 sala polivalente, 1 sala de toma de mostras, área de pediatría con dúas consultas e 1 consulta de matrona.

🏛️ Os responsables da Xunta de Galicia valoraron a rapidez coa que a administarción local foi capaz de xestionar todos os trámites en tempo récord, o que permitiu que a construción do novo centro de saúde pasara da Fase 2 á Fase 1, adiantando así Barro a moitos outros concellos.

🏗️ O Conselleiro transladoulle ao Alcalde a súa previsión de que as obras poidan comezar a executarse no período dun ano, prazo necesario para a redacción do proxecto e as distintas tramitacións necesarias.

Bando 1

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2022” Este ano ofrécense un total de 100 prazas para o mes de xullo e 50 para o mes de agosto. O prazo de presentación de solicitudes será do 13 ao 21 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.

Becas MEFP

Despois de solicitar a bolsa xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2023-2024, (prazo do 27 de marzo ao 17 de maio), en setembro abrirase un prazo para realizar as actualizacións necesarias (estudos a cursar, dirección, etc.)
Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP.
Se precisades máis información podedes pasar pola OMIX de Barro luns, mércores, venres e sábdo de 9:00 a 14:00 martes e xoves de 16:00 a 21:00.