Hoxe visitou Barro o Subelegado do Goberno, Abel Losada, con motivo do 8M, Día Internacional da Muller para facernos entrega da MAVI, Maleta viaxeira pola igualdade. Trátase dunha serie de publicacións sobre o tema da igualdade e que estarán a disposición da veciñanza na nosa biblioteca.
Estamos no momento idóneo para colocar trampas contra a avespa velutina, pois é neste intre do ano cando saen para comezar a elaborar os niños primarios. Para minimizar os danos nos cultivos, nas colmeas e nas persoas e animais que provoca esta especie invasora é fundamental a colocación de trampas neste momento, xa que se as colocamos no verán non terán un efecto verdadeiro.
⚠️ Por cada raíña que se capture evitaremos a creación dun novo niño. É por iso que 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗲́ 𝗼 𝗺𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 máis importante para a colocación das trampas, que se deberán renovar cada 10/15 días.
Algúns exemplos de receitas para as trampas:
1️⃣ 200g de azucre / 400 ml de auga / 10 g de fermento 2️⃣ 200 g de azucre / 400 ml de zume de arándanos / 10 g de fermento 3️⃣ Podes mercar produtos xa preparados See less
O Concello de Barro e a ANPA do CEIP Amor Ruibal renovan o convenio de colaboración a través do cal a entidade local aporta 18.000 euros para colaborar un ano máis cos gastos do comedor escolar ás familias de Barro.
Moitas grazas ao colectivo de apicultores de Barro por organizar unha xornada tan interesante e tan importante para toda a sociedade e ao conxunto de poñentes por toda a información que nos trasladaron.
Explicáronnos como poder detectar un niño de velutina nas zonas nas que imos facer traballos agrícolas e como actuar no caso de sufrir en primeira persoa un ataque ou no caso de ter que socorrer a outra persoa.
Tamén coñecemos da man dunha vítima os efectos dunha reacción ao veleno deste insecto e aprendemos que é fundamental estar sempre cun teléfono encima para poder comunicar o antes posible a nosa localización e que acabamos de sofrir un ataque, posto que o tempo é crucial para salvar unha vida.
Ademais, tamén nos explicaron que a partir de agora e ata antes do verán é cando temos que poñer trampas para capturar raíñas e evitar a construción de futuros niños.
O escritor Pedro Feijoo visitou na tarde de onte o club de lectura “Un ollo de vidro”, que se desenvolve desde a Biblioteca municipal.
Este encontro permitiu que as lectoras e lectores do club puideran conversar directamente co autor dunha das obras coas que están traballando e que el puidera expresar en primeira persoa as súas impresións e o pormenores do libro.
Un auténtico luxo poder contar coa presenza de Pedro Feijóo en Barro. Moitas grazas!
A Vespa asiática é unha especia invasora que non só provoca danos en cultivos ou en enxames de abellas, senón que supón un auténtico perigo para persoas e animais.
No ano 2023, en Galiza, faleceron máis de 10 persoas a causa de picaduras deste insecto, a maioría delas mentres facían labores agrícolas. É por iso que o concello de Barro, en colaboración con apicultores locais, decidiron levar a cabo unha charla dirixida á veciñanza para poder axudar a previr este tipo de ataques tanto en persoas como en animais.
Contarase tamén coa presenza de persoal sanitario, Christian Piñeiro, Médico residente especialista en medicina familiar e comunitaria, e Tania Rodríguez, enfermeira do Sergas, quen explicarán os protocolos a seguir no caso dun ataque.
Esta mesa redonda está composta tamén por Esteban Jamardo e Ángel Garabán, apicultores locais cunha longa traxectoria no combate desta especie invasora; por Jacobo Souto, que vivíu en primeira persoa os ataques deste insecto e por Pilar Calvo e Jose Manuel Martínez, propietarios de animais atacados.
O Goberno municipal de Barro continúa coa súa firme aposta pola recuperación e posta en valor dos elementos patrimoniais de titularidade municipal.
Desta volta o obxecto da actuación foi o antigo lavadoiro do lugar do Concello, na parroquia de Agudelo. Unha construción que xogou no pasado un importante papel como fonte de auga para as vivendas e como pozo de regar para as fincas de labranza dese entorno. É por iso que o criterio principal que se seguiu neste proxecto foi o de manter a tipoloxía orixinal desta construción.
O obxecto das obras foi o da reparación e reforzo da cuberta, o saneamento de todo o entorno, a reparación do pozo de regar e a mellora da recollida das augas.
A obra foi executada pola empresa Transportes e Cantería Antonio S.L. por ser a mellor oferta presentada. O orzamento total do proxecto foi de 9.965,68 euros, financiado con cargo a fondos propios municipais.