
“En Branca e Negra”, no Pazo da Crega
“En Branca e Negra” estarán contando contos o xoves 4 de xaneiro a partir das 20:00 horas
𝗜𝗜𝗜 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗖𝗼𝗰𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼
Video resumo da “I BTT Camiños de Barro”
As cegas de Ouselle
![]()
“As Cegas de Ouselle” é un espectáculo musical e visual que repasa o mundo das persoas cegas que antigamente tocaban polas feiras. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas de tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas.
Antón Castro pon a voz e a zanfona, aldara Palmeiro o violín e Miguel Lustres o acordeón e a voz.

🎶 Hoxe Aghrú + Ana Angueira. Non o perdades!
Concerto polifónico e actuación do Grupo de acordeóns “Rías Baixas”
Aparecen seis cachorros nun colector do lixo
O incivismo e a deshumanización máxima dalgunha persoa remataron con estes seis cachorros nun colector do lixo no lugar de Valbón.
Polo momento os cans están en bo estado e van ser trasladados á canceira coa máxima urxencia.
Estes feitos xa se puxeron en coñecemento das autoridades competentes. Se alguén pode achegar algunha información que axude a dar coa persoa responsable pode pórse en contacto con SEPRONA (986 540 008) ou co Concello de Barro nas oficinas municipais (986 711 002)

Inauguración de Nadal no Pazo
Barro crea a mesa local contra a violencia de xénero
O goberno local do Concello de Barro celebrou este martes a primeira reunión para crear a Mesa Local Contra a Violencia de Xénero. Será un organismo de carácter consultivo que se establecerá por primeira vez no Concello de Barro para coordinar o traballo das áreas implicadas co fin de garantir a atención e seguimento ás víctimas de violencia machista.
A concelleira de Igualdade, Lía Rodríguez, e José Sanmartín, recibiron á xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy, para consensuar as bases e protocolos da iniciativa. Durante o encontro, no que tamén participou a Asistenta Social municipal, abordáronse temas relevantes relacionados con esta problemática e a situación que atravesa o concello en canto a casos violencia de xénero.
Tamén se trataron os principios do Plan Director e as accións que se desenvolverán entre a comunidade escolar e a veciñanza en xeral. A Mesa Local Contra a Violencia de Xénero estará presidida pola concelleira de Igualdade, Lía Rodríguez, con representación institucional da Xunta de Galicia, a Subdelegación do Goberno, entidades e colectivos sociais, así como todas as forzas políticas de Barro.












