O concello de Barro renderá homenaxe nesta XLV edición da Festa do Viño de Barro a todo o persoal da sanidade pública a través da figura de Ramón Ballesteros Arias, un enfermeiro que exerceu no centro de saúde de Barro durante case tres décadas e, unha vez xubilado, deixou unha pegada moi fonda entre a veciñanza de Barro.
O vindeiro 11 de maio ás 20:30 h terá lugar na Biblioteca pública de Barro a presentación da triloxía “A vida é literatura”, do noso veciño Rudesindo Lago
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio anual de colaboración entre o concello e a entidade deportiva.
Con este convenio, o concello aportaralle ao Barro CF a cantidade de 8.000 euros para contribuír ao seu funcionamento e desenvolvemento, mentres que pola súa parte a entidade deportiva comprométese a promover a participación e a formar nesta disciplina a todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol como no fútbol sala.
Na sinatura do convenio estiveron presentes Iván Bello, responsable da área de Deportes, e Eva Paredes e Juan Pena, membros da Directiva do Barro C.F.
Abraldes e a Presidenta do Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal, Belén Búa, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano 2024.
O concello aportará a cantidade de 4.000 euros para axudar ao financiamento da agrupación, para que esta poida continuar co seu labor de preservación e divulgación da nosa cultura tradicional, ao mesmo tempo que forman a todas aquelas nenas e nenos de Barro que queren participar.
Na sinatura estiveron presentes Roberto Rivas, responsable da área de Cultura, e Mónica Buceta, tesoureira da agrupación.
O alcalde e o presidente da Asociación de empresarios de Barro (AsemBarro), Abraldes e Jesús Moreira, renovaron o convenio de colaboración por importe de 7.000 euros entre ambas entidades para levar a cabo actividades e campañas de dinamización do sector empresarial, hostaleiro e comercial de Barro durante o presente ano.
Con este convenio de colaboración o concello promove que sexan as propias persoas do sector as que elaboren e executen as súas propias campañas de promoción, pois ninguén mellor que as persoas do propio sector para coñecer tanto as súas necesidades como as mellores formas de atraer clientela ás súas empresas e negocios.
O alcalde, Xosé Manuel Fdz. Abraldes, a concelleira de Servizos Sociaisi, Amelia Cancela, e a equipa técnica do departamento de Servizos Sociais, visitaron no mesmo día a dúas persoas do noco concello que acadaron nada máis e nada menos que os cen anos. E non só chegaron a esa envexable cifra, senón que ademáis tanto Jesús coma Carme fixérono cunha memoria e lucidez impresionantes.
O prazo para a entrega dos viños de colleiteiro/a para participar no concurso da XLV Festa do viño de Barro será entre o 14 de maio e o 4 de xuño.
A cata previa na que se escollerán os viños que pasan á final terá lugar o sábado 8 de xuño, e a cata final será o domingo 16 de xuño no Pazo da Crega.
Este mércores celebrouse unha reunión de traballo entre o equipo técnico do (PIE) e representantes políticos dos concellos adheridos (Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas), para avanzar en cuestións como o incremento de inserción laboral e a realización de prácticas en empresas da contorna por parte das 100 persoas que forman parte do alumnado. O obxectivo deste encontro foi, precisamente, analizar as entidades e negocios nas que os alumnos e alumnas poidan desenvolver as sesións prácticas.
O programa de emprego está dirixido a diferentes colectivos da sociedade, como mozos e mozas menores de 30 anos, homes e mulleres maiores de 45 e persoas con discapacidade, e co que se forma ao alumnado en distintas materias e se realiza un asesoramento e acompañamento na búsqueda de emprego.
Trátase dun programa cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Servizo de Público de Emprego Estatal.
O Xunta de Goberno local vén de adxudicar o proxecto para a renovación da cuberta do pavillón municipal de Santo Antoniño nun proceso que espertou moito interese e ao que se presentaron máis de 20 ofertas de empresas distintas.
O orzamento base de licitación era de 150.000 euros, IVE incluído, e a mellor oferta recibida foi a realizada pola empresa Agencia Comercial Herenciana S.L., por un importe de 112.641,84 euros, o que permitirá que o concello aforre neste proxecto arredor do 25%.
O obxectivo é que as obras se realicen nos meses de verán, para causar as menores molestias posibles ás persoas usuarias.