Publicacións

Actividades diversas

.

Charlas de educción vial

PRIMEIRAS SESIÓNS DAS CHARLAS DE EDUCACIÓN VIAL QUE O CONCELLO DE BARRO A TRAVÉS DO RACC ESTÁ ORGANIZANDO DENTRO DO COLEXIO PÚBLICO AMOR RUIBAL DURANTE ESTE ANO 2009. MAÑÁ DÍA 24 DE MARZO CONTINUAN COAS CHARLAS OS CURSOS DE 5º DE PRIMARIA (ÁS 9:30 HORAS) E 6º DE PRIMARIA (ÁS 11:30 HORAS).

Obradoiro de disfraces

.

Cabalgata de Reis

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, visitarán ó Concello de Barro comezando ás 17:00 o seu percorrido na parroquia de Curro, pasando pola Portela, Agudelo, Valiñas, Perdecanai e Barro. Realizaremos tirada de caramelos e fogos de artificio o longo do percorrido e na chegada ó Concello. PROGRAMA - Micro concerto da Banda de Música Xuvenil de Barro antes da chegadada dos Reis. Hora: 18:00. - Recibimento polo Sr. Alcalde José Antonio Landín Eirín no Pavillón. Hora: 19:00. - Ofrendas dos Reis Magos ó neno Xesús. - Belen vivinte polo Grupo de Danzas Amor Rubial - Entrega dos premios do Concurso Postáis de Nadal 08. - Entrega de caramelos a tódolos nenos/as. - Degustación gratuita de chocolate e rosca. Organiza: Concello de Barro Pais e Nais de Barro

Premios concurso Postais de Nadal

No concurso Postais de Nadal organizado polo Concello de Barro participaron 165 persoas e os premiados en cada unha das categorías foron: Premio na 2ª categoría 1º ciclo de primaria para Raquel Magariños Agraso Premio na 3ª categoría 2º ciclo de primaria para Ana Cancela Rodríguez Premio na 4ª categoría 3º ciclo de primaria para Aroa Outón Regueiro Premio na 5ª categoría 1º ciclo de secundaria para Eva Cancela Rodríguez Premio na 6ªcategoría 2º ciclo de secundaria para Verónica Rodríguez Torres Premio na categoría maiores de 16 para Celia Regueiro Bermudez. Os premios entregaranse na Cabalgata de Reis durante o martes 6 de xaneiro de 2009 e a exposición das postais presentadas poderase visitar no salón de actos da Biblioteca Pública a partir do 1 de decembro de 2008. Durante o mes de decembro na...