ESTREA TEATRAL: O BAR – LABORATORIO DE TEATRO. Dándolle á lingua 2025

Despois de 10 sesións de traballo intenso, improvisacións e darlle á lingua galega, os participantes do Laboratorio de Teatro 2025 presentan a súa propia obra: O bar.
Un espazo común, un punto de encontro, un lugar cheo de historias cruzadas, confesións inesperadas e humor da vida cotiá.
Todo isto e moito máis poderás vivilo nesta estrea única, creada e protagonizada polos membros do laboratorio.
Data: 21 de novembro
Lugar: Salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de Barro
Hora: 20:00
Entrada libre ata completar aforo
Ven compartir connosco o resultado dun proceso creativo cheo de paixón polo teatro!

Dándolle á lingua 2025. Falamos cos creadores de contido Prado Rúa e Olaxonmario.

A mocidade de hoxe vive nun mundo dixital, onde as redes sociais son unha parte esencial da súa comunicación e expresión. A lingua que se emprega nestes espazos non só reflicte a identidade persoal, senón que tamén condiciona o seu valor e presenza na sociedade. Por iso, fomentar o uso do galego entre a xuventude é fundamental para garantir que a nosa lingua se manteña viva e relevante en todos os ámbitos.

O Concello de Barro dentro do proxecto Dándolle á lingua, organiza dúas charlas no IES de Barro con Prado Rúa e Olaxonmario, dous referentes xuvenís que demostraron que se pode ter éxito en Internet sen renunciar ao galego. A súa experiencia servirá de inspiración para que o alumnado se sinta máis seguro empregando o galego, tanto nas redes como na vida cotiá, e para que perciban a lingua como unha ferramenta valiosa, moderna e con futuro.