SÁBADO DÍA 9 de agosto teremos o pracer de acoller á contacontos Charo Pita na nosa biblioteca. Unha actividade pensada para toda a familia, chea de imaxinación, historias e moita maxia!
Día: 9 de agosto ás 12:00
Lugar: Biblioteca de Barro
Prégase inscrición previa (as prazas son limitadas)
Non perdas esta oportunidade de vivir unha mañá inesquecible coa mestra das historias!
As calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo. Neste espectáculo narraremos contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas: haberá quen posúa a mirada aguda da aguia,pero tamén quen non poida ver, haberanas moi altas ou moi baixas…, pero, sexan como sexan, sempre acabarán atopando o seu lugar no mundo.
Entrada gratuíta.
Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DE BARRO.
Ano Castelao no Concello de Barro.
Este Ano Castelao celebramos a figura dun dos grandes referentes da nosa cultura cunha actividade moi especial, pensada para as crianzas.
–O próximo día 6 de xuño, no salón de actos da Biblioteca de Barro, achegaremos ao alumnado do CEIP Amor Ruibal unha proposta de dinamización á lectura, chea de ilustracións e narracións que nos convidarán a coñecer mellor a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un autor que, con humor, compromiso e fonda sensibilidade, soubo retratar o espírito do pobo galego.
–A través desta actividade, as nenas e nenos poderán descubrir quen foi Castelao, mergullarse nos seus debuxos e relatos, e entender o valor da palabra, da xustiza e da identidade que el sempre defendeu.
–Un xeito lúdico e participativo de espertar o interese pola lectura e polo noso patrimonio cultural desde ben pequenos!
Esta será a primeiria de tres actividades que se realizarán dentro da biblioteca de Barro, durante os meses de xuño, agosto e setembro.
–
Castelao para crianzas.
Castelao para crianzas.Data: 06/06/2025.
Hora: 12:00
Entrada gratuíta.
Prazas limitadas
Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.


