Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai oito anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta é a segunda actividade de
“Dándolle á lingua”.
O “Laboratorio de teatro” é unha experiencia única de creación e de convivencia colectiva, na que experimentar técnicas de improvisación, desenvolver a espontaneidade e mostrar cara o público o aprendido.
Día: unha vez á semana (os martes)
Data: Comezamos o MARTES 23 DE SETEMBRO ata o MARTES 18 DE NOVEMBRO de 2025 COA POSTA EN ESCENA DA OBRA O VENRES 21 DE NOVEMBRO.
Horario: 19:30h a 21:00![]()
Na OMIX de Barro.
Telefono: 986714806 – 690722812
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DE BARRO.
Ano Castelao no Concello de Barro.
Este Ano Castelao celebramos a figura dun dos grandes referentes da nosa cultura cunha actividade moi especial, pensada para as crianzas.
–O próximo día 6 de xuño, no salón de actos da Biblioteca de Barro, achegaremos ao alumnado do CEIP Amor Ruibal unha proposta de dinamización á lectura, chea de ilustracións e narracións que nos convidarán a coñecer mellor a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un autor que, con humor, compromiso e fonda sensibilidade, soubo retratar o espírito do pobo galego.
–A través desta actividade, as nenas e nenos poderán descubrir quen foi Castelao, mergullarse nos seus debuxos e relatos, e entender o valor da palabra, da xustiza e da identidade que el sempre defendeu.
–Un xeito lúdico e participativo de espertar o interese pola lectura e polo noso patrimonio cultural desde ben pequenos!
Esta será a primeiria de tres actividades que se realizarán dentro da biblioteca de Barro, durante os meses de xuño, agosto e setembro.
–
Castelao para crianzas.
Castelao para crianzas.Data: 06/06/2025.
Hora: 12:00
Entrada gratuíta.
Prazas limitadas
Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.
Sábados na Biblioteca. A maleta da avoa.
A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros; nela vive a memoria. Dentro dela brincan trasnos, mouras, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo…
Abrímola? #RaquelQueizás contará nesta segunda actividade de Ler conta moito, que se realizará o sábado na Biblioteca de Barro.
Lugar: Barro, Biblioteca Pública
Día: Sábados
Hora: 12:00 h
Entrada gratuíta.
Prazas limitadas
Inscrición na Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.


