Mocidade OMIX
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) présta servizos de información, asesoramento e acompañamento á mocidade do concello sobre temas relacionados con diferentes ámbitos do seu interese.
Servizos que prestamos
- Asesoramos e orientamos ás mozas e mozos, sobre os seguintes temas:
- Información en relación ás diferentes saídas e opcións educativas
- Información en relación co mundo laboral ( curriculums, carta de presentación, redes, Garantía Xuvenil, Plan Integrado de Emprego, etc.)
- Información en relación coa vivenda (bolsas, subvencións).
- Información sobre temas relacionados coa sexualidade, orientando tanto ás familias como aos adolescentes cara a diferentes servizos.
- Creación de asociacións (estatutos, actas, etc.)
- Programamos, organizamos e coordinamos actividades puntuais.
- Xestionamos o uso de espazos e locais no Edificio da Biblioteca para o desenvolvemento de actividades de forma regular e continuada ou ben de maneira puntual.
- Organizamos, executamos e coordinamos programas dirixidos á mocidade, como:
- Mulleres na ciencia
- Musica nos Estantes
- Radio Acibal
- Dándolle á lingua
- Exposicións “As mans de Barro”, “Debuxa Manga”, etc.
- Actividades de Verán: Xoves ao clareo
- Festival D-Medo
- Concurso de contos e Haikus en galego
- Monólogos, contacontos, actividades científicas.
- DeporteEscolas
- Organizamos cursos de formación para facilitar a adaptación dos perfís profesionais da mocidade ás demandas do mercado laboral.
- Programamos e realizamos actividades do tempo de lecer, dirixidas á mocidade, que teñen como fin fomentar un lecer saudable entre a mocidade do Concello.
- Organizamos e realizamos talleres e xogos, tales como “Actividades de Semana Santa”.
- Organizamos e coordinamos programas específicos en datas puntuais, como Nadal, Entroido, etc.
- Realizamos as inscricións para cursos, talleres e actividades.
- Informamos sobre a alta de usuario en Garantía Xuvenil, o Carné xove, carnés xente moza, etc.
- Tramitamos subvencións programas para a mocidade.
- Trasladamos Información turística
- Asesoramos informamos e acompañamos aos mozos na solicitude de becas de estudos para CILOS FORMATIVOS, UNIVERSIDADE, MASTERS, etc.
Os nosos compromisos
- Asesorar ás usuarias e aos usuarios sobre as materias do seu interese, de maneira gratuíta.
- Realízase a atención de maneira individual e personalizada
- Publicar e difundir a información de interese a través dos taboleiros informativos da OMIX, da web municipal e de carteis publicitarios e as diferentes redes sociais.
- Programar e realizar durante o ano diversas actividades do tempo de lecer.
- Realizar as inscricións en cursos, talleres e actividades de maneira inmediata, unha vez recibida a documentación requirida, de acordo coas bases reguladoras.
Onde estamos
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Barro) Santo Antoniño Perdecanai nº 12, 36194 Barro Pontevedra.
Horario de atención ao público
Horario de inverno
Luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00
Martes e xoves de 16:00 a 21:00 martes e xoves
Horario de verán
Luns a sábado, de 9:00 a 14:00
Para contactar connosco
Tel. 986714806 / 690722812
Fax 986711001
Envíanos a túa opinión
Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxerencias sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do e-mail: omix@barro.es.
Carnés para a mocidade
O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude. Con este documento as persoas usuarias poden acceder a descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).
Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non cómpre renovalo.
Aínda non che chegou o carné xove á casa?
Se tes os 12 anos feitos e non recibiches o carné no teu domicilio, podes:
- Acudir ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio.
- Solicitalo a través da sede electrónica , procedemento BS319A. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.
Como se activa o carné xove?
A activación pódese facer de forma presencial ou electrónica:
- Presencial: acudindo a un dos puntos de activación. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso cómpre acreditarse co DNI.
- Electrónica: os rapaces e rapazas que opten por esta vía deben cubrir este formulario e marcar a opción de ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE RECIBIDO NO DOMICILIO. Despois, recibirán no seu correo electrónico o seu número de carné, que deberán escribir manualmente na tarxeta para tela activada. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que posúe a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.
O Carné de Estudante Internacional ISIC é a forma na que miles de estudantes en todo o mundo identifícanse. Desempeña un papel de apoio e mellora no intercambio intercultural e a creación de oportunidades educativas. Ademais ofrece ao estudante todas as vantaxes para que goce dunha etapa inesquecible.
- Carné de Estudantes (ISIC): Único Carné Estudantil recoñecido a nivel internacional. Agora é totalmente dixital e accesible desde a App de ISIC. Válido durante un 1 ano natural (desde a data de emisión)
- Carné de Profesores (ITIC): Único Carné para Profesores recoñecido a nivel internacional. Agora é totalmente dixital e accesible desde a App de ISIC. Válido durante un 1 ano natural (desde a data de emisión)
- Carné para Mozos (IYTC): Único Carné para Mozos recoñecido a nivel internacional. Agora é totalmente dixital e accesible desde a App de ISIC. Válido durante un 1 ano natural (desde a data de emisión)
O prezo de calquera Carné (ISIC / ITIC / IYTC) é de 11 (once) Euros (€) na súa versión dixital. A este prezo estándar para a adquisición dun Carné, engádense de forma opcional 4 (catro) Euros en caso de solicitar versión plástica do mesmo, e 0,90 (noventas céntimos) de Euros (€) para cubrir gastos de envío e xestión. O prezo total estándar do Carné na súa versión física é de 15 (quince) Euros con 90 (noventa) céntimos (€) e de 11 (once) euros na súa versión dixital.
O Carné de Alberguista é o instrumento de afiliación á Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ). Ten validez internacional, por tanto poderás usalo en todo o mundo. Con el terás acceso a:
- Máis de 4.000 albergues en máis de 90 países de todo o mundo
- Miles de descontos nacionais e internacionais (transporte, lecer, restaurantes, museos…)
- Existen diferentes modalidades en función da túa idade e circunstancias:
- Non hai diferenza de prezo entre o Carné de Alberguista Físico e o Carné de Alberguista Dixital.
O prezo varía só en función da modalidade que se trate (nova, adulto, familiar ou grupo) e ten validez dun ano.
TIPO DE CARNÉ QUE NECESITAS PARA TER PREZO
Para: Mozos de 14 a 29 anos (ambos os incluídos)
Precisas ter: DNI ou Pasaporte
Prezo: 5 €
Para: Adulto Maiores de 30 anos
Precisas ter DNI ou Pasaporte
Prezo: 10 €
Para: Grupo Grupos, Organizacións, Asociacións… Ser mínimo 10 persoas
Precisas ter: CIF ou DNI do responsable
Prezo: 16 €
Para: Familiares Familias dun ou dous adultos con fillos menores de 14 anos
Precisas ter: DNI dos Adultos
Prezo: 18 €
A Tarxeta Xente Nova
As vantaxes da tarifa Xente nova aplicanse ás viaxes interurbanas dos menores de 21 anos EN TODA GALICIA.
Así, os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino.
Aquí pódese solicitar cita previa para a obtención dunha Tarxeta Xente Nova.
Que é?
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte de Galicia que permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas.
Quen a pode utilizar?
Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 21 anos poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Como conseguila?
- Deberás solicitar cita nesta páxina.
- Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.
- Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.
- Acórdate de cargar a túa tarxeta antes de viaxar con ela.
Como viaxar con ela?
Cando se viaxa coa Tarxeta Xente Nova deberán pagarse con ela as viaxes que se realicen. O importe a aboar por cada viaxe será fixo, igual ao que corresponda para os pagamentos coa TMG xeral, e dependerá unicamente do concello de orixe e de destino da viaxe; na parte inferior desta páxina pódense consultar os cadros de tarifas aplicables para pagamentos con tarxeta en toda Galicia.
Coa tarxeta, ademais de pagar a túa viaxe, poderás pagar a doutras persoas que vaian contigo, pero só se bonificará a túa viaxe.
Posteriormente, a Xunta de Galicia reintegrará o importe abonado no autobús directamente na tarxeta. Para recibir esta bonificación basta con introducir a tarxeta en calquera caixeiro de Abanca e aceptar a recarga. Automaticamente cargarase na tarxeta o aboamento das viaxes realizadas.
As viaxes realizadas dentro da primeira quincena do mes, estarán dispoñibles nos caixeiros de Abanca a partir do día 5 do mes seguinte.
As bonificacións das viaxes realizadas dentro da segunda quincena do mes, están dispoñibles nos caixeiros de Abanca a partir do día 20 do mes seguinte.
A partir da data da súa posta a disposición terás dous meses para aceptar as bonificacións.
Formación e emprego
Garantía Xuvenil
Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso das persoas mozas ao mercado de traballo. As persoas mozas poderán solicitar a súa inscrición sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar, así como as persoas menores non acompañadas que acheguen unha Acreditación dos Servizos de Protección de Menores da Comunidade Autónoma que xustifique individualmente o acceso, mediante a inscrición a actividades ou programas de educación ou formación que redunden no seu beneficio.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición.
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil. No caso das persoas demandantes de emprego, bastará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.
A través dos seguintes vínculos poderás xestionar por completo se o desexas a túa solicitude de inscrición:
Si é a primera vez que accedes, e queres inscribirte
Se xa te identificaches nalgunha ocasión
Webs de emprego
Boletíns
Bolsas e Axudas
Aquí poderás atopar a información sobre bolsas e axudas que poden ser do teu interés
Activades de xoves ao clareo
Xoves ao clareo é un programa municipal impulsado para fomentar actividades lúdicas entre a mocidade do concello. Este programa púxose en marche no ano 2021 onde tiveron lugar diferentes obradoiros para a mocidade, tales como: Batucada, traballos en coiro, patinaxe, estampaxe, graffiti, scape room, festa holi, ect…
A participación nestes obradoiros é totalmente gratuíta e realízase durante o período estival, preferentemente no mes de agosto e é preciso inscribirse para poder participar destas actividades.
Locais sociais municipais:
- Centro cívico
- Pazo da Crega
- Nave da música
- Local social “Escola de Barro”
- Local social de Cangrallo
Cultura
Ao estar moi vinculadas, a OMIX e a Biblioteca Municipal de Barro xestionan unha serie de actividades culturais para nenos e novos, aproveitando as canles da Oficina para a súa difusión.
Biblioteca e club de lectura
Na biblioteca adoitan planificarse actividades recreativas para nenos e novos, como días de enigmas, laboratorios de teatro, retos familiares, etc.
Desde moi pequenos, aos nenos da zona preséntaselles a biblioteca en visitas guiadas e explícaselles os beneficios do carné de socio, fomentando unha relación estreita que se consome en futuras visitas. É dicir, en moitas futuras lecturas.
Unha mención especial merece o club de lectura, onde se realizan préstamos de libros para o seu posterior debate. A recensión dalgunhas destas actividades pode lerse no blogue da Biblioteca.
Concursos
O Concello de Barro, de conxunto coa OMIX e a Biblioteca Municipal, busca favorecer o crecemento cultural, non só a través do consumo literario, senón tamén mediante a creación.
Por iso é polo que sexa común o lanzamento de concursos literarios, moitas veces como parte do programa de dinamización lingüística Dándolle á lingua. O obxectivo deste programa é recuperar e crear novas historias, contos e narracións en lingua galega.
Pero non só promóvense concursos literarios, senón tamén de artes plásticas e outras manifestacións artísticas.