Publicacións

feader capa rod faxil e cancela

FEADER: EUROPA INVISTE NO RURAL

PROXECTO: MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE CAMIÑOS RURAIS EN FAXIL E CANCELA PROMOTOR: CONCELLO DE BARRO INVESTIMENTO: 38.926,91€ IMPORTE DA AXUDA: 32.171,00 €   Medida 2.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

Imaxe Polo Nadal comercio local

BASES “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES” CONCELLO DE BARRO.

BASES “ POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES” CONCELLO DE BARRO.   O Concello de Barro organiza o presente concurso co obxectivo de involucrar os establecementos de Barro na decoración deste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada polo COVID – 19; para que, entre todos e todas, se poida conseguir que estas datas continúen sendo especiais, coa ilusión e maxia que as caracteriza. Deste xeito, iluminaremos Barro e contribuiremos a levantar o ánimo da veciñanza e visitantes.   Segundo. -  PARTICIPANTES   Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios, hostalería e calquera outro que teña actividade económica no concello) situados no municipio de Barro, de calquera que sexa a súa actividade. Deberán adornar e iluminar o seu escaparate ou zonas exteriores con motivos de Nadal, segundo os criterios d...

Imaxe Polo Nadal comercio local

BASES Mercar en Barro ten un lote de premios 2020 2021

BASES Campaña de dinamización da hostalaría e do comercio local: POLO NADAL COMERCIO LOCAL: MERCAR EN BARRO TEN UN LOTE DE PREMIOS O Concello de Barro organiza a presente campaña co obxectivo de estimular o consumo no comercio local de Barro neste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada pola COVID – 19, cuxas consecuencias están a ser especialmente lesivas para o pequeno comercio e a hostalaría.  Segundo. -  PARTICIPANTES Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios e hostalaría) situados no termo municipal de Barro e que realicen venta directa ao público. Os establecementos que participen na campaña estarán identificados cun cartel que indique a súa participación na mesma. Esta identificación, que lles será entregada desde o Concello ao formalizar a solicitude, deberá estar colocada nun lugar b...

cartel tipos consumo jpg

15 N DIA MUNDIAL SEN ALCOL

15 DE NOVEMBRO DE 2020: DÍA MUNDIAL SEN ALCOL. O 15 de Novembro conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen alcol. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo, o 15 de novembro, unha campaña de sensibilización sobre os riscos do consumo de alcol en menores e sobre os riscos do consumo abusivo na poboación xeral dos cinco concellos antes sinalados.

20201106 suspension mercadillo barro

BARRO SUSPENDE O MERCADILLO MUNICIPAL

Por mor das restriccións aprobadas pola Xunta de Galicia, e que entrarán en vigor este sábado, suspéndese o mercado municipal dos domingos até que cambie a situación na que nos atopamos. 6 de novembro de 2020